A xestión de usuarios faise en dous niveis, a nivel de aula virtual e a nivel de curso. Para que un usuario poida participar nun curso é necesario levar a cabo os seguintes pasos nesta orde extricta:
- A alta do usuario na aula virtual, competencia dos administradores/as do sitio, lévase a cabo no bloque de Administración do sitio en Usuarios/Contas. É imprescindible a alta para poder matricular a un usuario nun curso, xa sexa no rol de profesor ou de estudante.
- A matriculación de usuarios nun curso específico, competencia do xestor ou do docente do curso, lévase a cabo no bloque de Administración do curso en Usuarios/Usuarios matriculados.
|
|