Saltar navegación

Permisos e roles

Os roles representan o papel que xoga un usuario na aula virtual ou nun curso. Os principais son:

  • A nivel de sitio ou aula virtual: administrador e usuario.
  • A nivel de curso: xestor, profesor, profesor sen permiso de edición e estudante.

En función do seu rol, unha persoa ten uns permisos ou outros. Os permisos permiten realizar unhas accións determinadas (administrar un curso, administrar o sitio, facer tarefas dun curso, ...) e acceder a uns recursos concretos (bloque de administración dun curso, bloque de administración do sitio,...).

Nun curso:

  • Os roles dos participantes asígnanse canda súa matriculación, competencia do docente. No caso de que o profesor/a non fixera a matriculación, non podería modificar os roles do alumnado a posteriori.
  • Os permisos, veñen asignados na configuración por defecto do curso, competencia do administrador/a do sitio, e só pode modificalos o xestor do curso ou administrador/a do sitio. Pero poden ser consultados polo profesor/a do curso.

Na aula virtual ou sitio:

  • rol por defecto é o de usuario. É competencia do administrador/a do sitio cambiar o rol dun usuarios por administrador/a do sitio.
  • A xestión de permisos, competencia do administrador/a, lévase a cabo no bloque de Administración do sitio en Usuarios/Permisos.
Permisos aula virtual
Licenza: Dominio público
Permisos e roles dun curso
Licenza: Dominio público