Proxecto común para o ensino mixto a través da aula virtual

Proxecto común para o ensino mixto a través da aula virtual

por Sonia González Varela -
Número de respostas: 1

Durante a sesión 1 unha das ideas que xurdiron para o traballar deste ano foi realizar un proxecto común, interdisciplinar e internivel a través da aula virtual. 


En resposta a Sonia González Varela

Re: Proxecto común para o ensino mixto a través da aula virtual

por Belén Gato Gómez -

Boas,

Eu vexo bastante dificultade no de continuar a liña de traballo de outros compañeir@s. Estou facendo un proxecto con 1º de Bacharelato relacionado coa música popular de Lugo e o obxectivo da súa difusión. A idea pretende ser a base dun Proxecto de Aprendizaxe Servicio, dado que o obxectivo é poñer en valor os grupos e artistas  que fan música na cidade e ó mesmo tempo crear unha plataforma para a súa difusión, pois son unha parte fundamental da actividade cultural da cidade.

O proxecto arrancou en Novembro.