Impresoras 3D

Impresoras 3D

por RICARDO LÓPEZ LÓPEZ -
Número de respostas: 2

Hola a tod@s:

Eu son profesor de Física e Química. Unha das utilidades que lle vexo sería para fabricar modelos moleculares para representar as moléculas e os átomos. Outra utlidade sería facer material de laboratorio.

Tamén me pregunto se se podería imprimir en 3D con vidro.

Un saúdo.

En resposta a RICARDO LÓPEZ LÓPEZ

Re: Impresoras 3D

por Rosa Berea Montero -

Ola Ricardo,

As ideas que propós poden ser moi útiles no proceso de ensinanza-aprendizaxe da túa materia. Ademáis de que o alumnado poda realizar o deseño mediante software de modelado 3D, en Thingiverse e noutras páxinas de repositorios de STL hai moitos exemplos do que comentas listos para descargar e laminar. 

Deixoche algún enlace que podería ser interesante:

Estructura de Lewis: https://www.thingiverse.com/thing:1579509/comments

Táboa periódica: https://www.thingiverse.com/thing:2225311/comments

Tornillo de Arquímedes: https://www.thingiverse.com/thing:1769714

Táboa periódica en Braille: https://www.thingiverse.com/thing:2535145

Formulación: https://www.thingiverse.com/thing:1377130

Con respecto ao que comentas da impresión en vidro, sí que é posible, pero de momento é algo que non está moi desenvolvido, entre outras cousas, polas dificultades de imprimir cun material que necesita máis de 1000ºC para fundir. Déixoche un enlace (en inglés) onde se fala dunha das varias técnicas que se poden empregar. 

https://www.smithsonianmag.com/innovation/you-can-now-3d-print-glass-180962951/

En resposta a RICARDO LÓPEZ LÓPEZ

Re: Impresoras 3D

por Marta Coria -

Ola Ricardo!

Non pensara na posibilidade de imprimir con vidro! De seguro que en pouco tempo será moito máis doado e asequible imprimir en prácticamente calquera material.