Impresión 3D!!

Impresión 3D!!

por Iván Vázquez -
Número de respostas: 2

Boas tardes a tod@s!!

A miña opinión é que o emprego da impresión 3D é moi útil para fomentar a innovación educativa no ámbito STEM.

Dende o punto de vista educativo, para a materia de Tecnoloxía en concreto, a impresión 3D é unha parte moi vistosa e motivadora para traballar co alumnado na ESO, e que chama a súa atención xa que fomenta a curiosidade e potencia o seu interese pola materia.

Tamén é interesante traballar con impresión 3D porque é un xeito máis de achegar ao alumnado ás innovacións e ós avances científico-tecnolóxicos da nosa sociedade e que ás veces se ven tan lonxe de nós e tan inaccesibles.

Polo tanto considero a impresión 3D como un complemento perfecto, imprescindible e ao noso alcance, á hora de traballar co alumnado da ESO e complementar así os temas relacionados de robótica educativa e o kit de programación con Arduino.

Un saúdo,

Iván Vázquez.

En resposta a Iván Vázquez

Re: Impresión 3D!!

por Rosa Berea Montero -

Totalmente dacordo, Iván. Ademáis, a impresora 3D convírtese nunha ferramenta moi útil para aprender a aprender. A impresión 3D ofrece a posiblidade de que o alumnado desenvolva proxectos de principio a fin e de maneira colaborativa: dende a súa concepción e deseño, pasando por probas conceptuais, resolución de problemas, impresión final do obxecto, etc. 

Quizá no ámbito da tecnoloxía é onde máis se pode explotar e explorar esta ferramenta.