Ola a tod@s!
O meu comentario sobre o uso da impresora na Biblioteca está relacionado co plan LÍA de Bibliotecas escolares, que estamos a desenvolver no noso centro. Este proxecto supón a transformación da biblioteca convencional nun espazo multidisciplinar dentro do cal destaca o espazo "maker", un área pensada para desenvolver a creatividade dos alumnos/as. Dentro do mesmo incorporamos a impresora 3D, esto vai permitir que o profesorado de distintas áreas poida utilizar este recurso educativo para a realización de proxectos de área ou interdisciplinares, donde o uso da impresora permitirá desenvolver e potenciar a creatividade do alumnado.
En canto ao uso nas STEM sería interesante para facer estructuras tridimensionais de células, moléculas, táboa periódica tridimensional, pezas para experimentos de física, etc.
Un saúdo.