Roberto:
Grazas pola túa aportación ao foro. É certo que en cada centro, dependendo do contexto e casuística, os recursos dispoñibles non son sempre os mesmos pero o ano pasado fíxose unha aposta dende a Consellería por corrixir iso e a dotación de impresora 3D, robótica e arduino fíxose a todos os centros de Galicia. A única excepción aos que non chegou foi aos CPI, tal e como comentou unha compañeira do curso, que quedaron sen a dotación ao non ter as materias de programación e robótica en bacharelato.
Respecto a que comentas dos elevados tempos de impresión, os modelos máis recentes reducen bastante o tempo de impresión. Fernando pode comentarnos algo máis dos tempos na sesión de mañá.