A impresora 3D paso a paso

A impresora 3D paso a paso

por Felisa Pérez Pérez -
Número de respostas: 1

Ola a todos/as!

Como no noso centro a impresora está nunha caixa, igual que comentaron outros compañeiros, a miña idea é comezar cos alumnos de bacharelato de tecnoloxía industrial I a montala. Espero que non sexa moi complicado, xa que me da a sensación de que canto máis participen eles desde os inicios do uso da impresora 3D na nosa aula, máis motivados conto que estén e máis interés espero que desperte en eles. 

Unha vez montada a impresora, comezaremos  coa impresión do recambio das pezas da impresora 3D, un moi bo consello de Fernando, e logo xa... a rodar. A diseñar e a construir as nosas propias pezas, para que vexan "en directo" que pode ser factible e que é real.

A miña intención é fomentar a creatividade dos alumnos, a súa capacidade para resolver problemas (moi importante na nosa materia) e conseguir unha numerosa participación do alumnado. A ver se algún día conseguimos chegar a utilizar a impresora 3D con un nivel tan cotidiano como si se tratase dunha impresora de papel.

Un saúdo e bo fin de semana compañeiros/as.

En resposta a Felisa Pérez Pérez

Re: A impresora 3D paso a paso

por Marta Coria -

Ola Felisa!

Alégrome que o curso sexa de utilidade para os recursos que temos nos centros das famosas caixas. E con quen mellor para poñela a andar que co alumnado de tecnoloxía industrial. Xenial!

Eu tamén seguirei o consello de Fernando para imprimir o recambio de pezas. Xa está colgado o ficheiro na aula virtual.

Alégrame que o curso de formación sexa de utilidade para a aplicación nas aulas. Ah! E encántame que reflexaras a importancia da resolución de problemas, dificultades e erros como parte do proceso de aprendizaxe.

Grazas pola túa participación!