Impresora 3D como axuda didáctica

Impresora 3D como axuda didáctica

por María Jesús Vázquez Cabana -
Número de respostas: 1

Ola a todas e todos. 

Teño en mente un par de propostas para a plicación da impresora 3D no meu traballo na aula. A primeira, circunscrita ao ámbito da miña materia, que é a Tecnoloxía. Tratarei de poñer en marcha un traballo colaborativo entre distintos grupos de alumnos para o deseño e montaxe dun pequeno automatismo ou mesmo dun moi sinxelo robot, onde uns alumnos se encarguen do diseñe e montaxe dos circuítos electrónicos e outros traballen no deseño en 3D e a impresión das pezas mecánicas. Coido que poderiamos implicar no proxecto incluso a alumnado de diferentes niveis. Unha segunda idea, que no fondo é a mesma, sería a colaboración cos departamentos de Bioloxía  -como xa comentaba de xeito moi interesante unha compañeira- ou Físicae Química onde poderiamos replicar estructuras biolóxicas ou atómicas, por exemplo. 

Creo que unha vez podamos ver os primeiros logros, non só nos animaremos máis senón que atoparemos un montón de posibilidades á impresora e deixaremos de vela como un novo artefacto para incorporala con normalidade ao traballo cotián.

En resposta a María Jesús Vázquez Cabana

Re: Impresora 3D como axuda didáctica

por Marta Coria -

Bo día:

Efectivamente debemos ver a impresora non como un fin senón como un medio para o proceso de aprendizaxe. As propostas interdisciplinares que fas son moi interesantes e de seguro que outros docentes se animarán a incoporar estes recursos pola súa utilidade.

Grazas pola túa participación!