Un mundo tridemensional

Un mundo tridemensional

por Usuario eliminado -
Número de respostas: 1

Eu estou nunha Escola de Arte, e sorprendentemente, ata o momento nunca se empregaron estas impresoras 3D nas aulas, cando case non temos  materia onde non se teñan que facer modelos e prototipos tridemensionais, refirome os talleres de cerámica, de creación de moldes en  baleirado, na creación de personaxes e decorados para animar en audiovisuais, maquetas de construcción en deseño de interiores, matrices para a impresión de gravado en relevo,  prototipos de obxectos de merchandaisng en deseño gráfico.........................xa digo  as utilidades e aplicacions son tantas na Escola de Arte, que o extrano e que non se estén usando dende fai tempo. Pero ben, parece que este estado  está empezando a cambiar.

En resposta a Usuario eliminado

Re: Un mundo tridemensional

por Marta Coria -

Efectivamente, a comezos deste curso entereime que non contabades con impresora 3D no voso centro e non podo negar que me sorprendeu enormemente.  No caso dunha Escola de Arte paréceme imprescindible por motivos obvios o uso deste recurso. Non sei se xa solucionáchedes a cuestión (eu fixen algunha xestión pola miña conta pero non o conseguín). En calquera caso, vos lembro da posibilidade de perdir a do CFR prestada ou vir aquí se precisades imprimir.

Grazas pola túa participación no foro!