Ola a todos. O uso da impresora 3D pareceme moi interesante xa que permite poñer en valor o aprendido na área de matemáticas, en especial ángulos, xeometría e a localización espacial. Con unha axeitada motivación o alumnado pode chegar a percibir certas aprendizaxes como atractivas, o que nos días de hoxe é un dos obxectivos a acadar dende o ámbito educativo. Se xuntamos a impresión 3D a unha óptima integración das TIC nos centros educativos creo que nos levará a conseguir o obxectivo dunha mellor calidade educativa.
a impresión 3d para a ensinanza das matemáticas e a xeometría.
Re: a impresión 3d para a ensinanza das matemáticas e a xeometría.
Grazas pola túa reflexión Miguel!
Vouche pedir que te "molles máis" e nos comentes a túa idea de "óptima integración das TIC". Que aspectos cres que se están a facer ben? Que propostas de mellora aportarías?
Un saúdo!
Re: a impresión 3d para a ensinanza das matemáticas e a xeometría.
Con óptima integración das TIC refírome a unha parte sustancial para o seu aproveitamento que é a formación do profesorado por unha parte e a formación do alumnado. As TIC's esixen un continuo reciclaxe do profesorado conforme van aparecendo novas tecnoloxías e coas impresoras 3D isto non foi diferente.
Un dominio desta tecnoloxía por parte do profesorado axudará a que a impresion 3D sexa ao mesmo:
- un obxeto de aprendizaxe ao aprender a traballar con información complexa.
- como medio de aprendizaxe ao traballar diferentes materias ao elaborar un proxecto en 3D.
- como apoio ao aprendizaxe ao imprimir materiais que lle axuden ao alumnado a interiorizar e aplicar coñecementos de máquinas sinxelas, xeografía, ciencias sociais e naturais, plastica, deseño lineal, etc.
Re: a impresión 3d para a ensinanza das matemáticas e a xeometría.
Estou de acordo contigo, Miguel, a fomación do profesorado é unha peza clave na integración das TIC na aula!
Precisamente, pedíache que desenvolveras a idea porque gustaríame que nos fagades chegar as vosas propostas de mellora concretas no tocante á formación permanente do profesorado na área das TIC.
A ver se alguén máis se anima a comentar este aspecto. Grazas!