Castroverde é un tesouro

Castroverde é un tesouro

por Ana María Pérez Veiga -
Número de respostas: 4

Ola a todos e todas,

En primeiro lugar quero dicir que me gustou moito a primeira sesión do curso. Eu busco aprender o suficiente para escoller ben unha impresora 3D para o cole.

Con respecto ó proxecto eu pensaba algo moi práctico e sería se os rapaces poderían deseñar colgantes ou outros adornos para poder obter algún pequeno donativo para a súa excursión. Pero non sei  e teño dúbidas como por exemplo:

Son seguros os materiais que vimos o outro día se están en contacto coa pel? Por exemplo un colgante.

O prezo da elaboración ....non sei calcular canto sería.

Se só estou eu no centro non sei se saberei o suficiente e máis se a impresora non é unha Leon 3D. Imaxino que algunhas marcas terán mellor soporte. 

Saúdos

En resposta a Ana María Pérez Veiga

Re: Castroverde é un tesouro

por Marta Coria -

Ola Ana:

Que ben! Que título máis suxerente puxeches!

A idea é moi interesante tentando que os rapaces fagan o deseño. Respecto ás cuestións que nos propós (alerxías, prezos...), voulle deixar a Fernando a resposta pois é moito máis experto ca min.

Como todo,ao principio é preciso unha certa práctica para non esquecerse e gañar seguridad, polo que che animo a practicar o manexo, o deseño e programación. 

Alégrome che resultara interesante a primeira sesión.

Un saúdo!

En resposta a Ana María Pérez Veiga

Re: Castroverde é un tesouro

por Fernando Coladas -

ola Ana,

en relación cos materiais podo dicirche que son seguros dependendo da procedencia dos mesmos.

A ver si podo darche unha pista de como vai este tema.

Hai moitos materiais e moitas fábricas.

O martes estiven facendo referencia a varios materiais seguros para a aula, como pode ser o PLA (Acedo Poliláctico. É un polímero construído con moléculas de acedo láctico derivado do almidón de maíz, da cana de azucre, da yuca, etc...) pero en definitiva un químico. Cada laboratório químico crea o seu propio e quero recordarvos a globalización na que vivimos neste momento, así que podemos atopar na tenda PLA fabricado en Europa, PLA fabricado en EEUU, PLA fabricado en Asía, etc...

Hai fabricantes que certifican os produtos cos que fabrican devandito material, non esquezamos que a parte de PLA o material leva máis compoñentes como poden ser estabilizadores térmicos, colorantes, etc... Tampouco se pode certificar que alguén non sexa alérgico ao mesmo ou algún dos seus compoñente, pero seguro que son casos estraños.

Si queredes unha recomendación de material, hai unha fábrica no País Vaso propiedade de BQ (www.bq.com) este fabricante é o único que coñezo que certifica que todos os compoñentes do seu PLA son de gran calidade e que todos as súas colorantes son alimentarios (con isto non digo que se poida comer).

Tamén existe en Elche a primeira fábrica do mundo en crear material elástico para impresoras 3D RECREUS (www.recreus.com) coa que poderedes contactar e consultarlles o que queirades xa que sempre vos van a contestar.

Eu non son químico e realmente pouco máis vos pode dicir en torno aos materiais, simplemente comentarvos que eu traballo con eles e cos meus dous fillos de 5 anos e nunca hei ter ningún problema de alergias e asegúrovos que están rodeados de PLA.

Este tema é moi interesante e o martes que vén, a raíz disto, falareivos da impresión 4D que xa se está empezando a utilizar.

Feliz fin de semana a tod@s.-

En resposta a Fernando Coladas

Re: Castroverde é un tesouro

por Ana María Pérez Veiga -
Bos días, Moitísimas grazas pola resposta tan completa, profesional e rigurosa. Coñecer os materiais que imos maneira co alumnado é moi importante. Tranquilízame ver que podo conseguir materiais seguros. Con respecto á impresora creo que buscaremos unha cerrada xa que queremos poñela nunha zona da biblioteca (inda que desde o meu descoñecemento non sei se iso implica unha limitación maior do tamaño da peza a imprimir). Espero acertar coa elección xa que hai compañeiros que din que a evolución está sendo moi rápida e calquera cousa se queda obsoleta...pero por algo haberá que comezar. Boa finde a todas e todos.
En resposta a Ana María Pérez Veiga

Re: Castroverde é un tesouro

por Fernando Coladas -

Ola Ana,

para a elección dunha impresora deberemos de ter en contas as características da mesma que máis se axustan ás nosas necesidades, pero tamén pensando que efectivamente os teus compañeiros teñen razón ao afirmar que a tecnoloxía avanza moi rápido, é outro factor a ter en conta.

En que características debo fixarme á hora de comprar unha impresora? (Todas as características a que farei referencia é de impresoras domésticas ou educativas (non industriais) tipo FDM "Fused deposition modeling" ou en castelán MDF "Modelado por deposición fundida" como a LEÓN 3D Legio

 

- Volume de impresión (Non é o mesmo o tamaño da impresora que o volúmen máximo de impresión da mesma): 

- Velocidade de impresión 

- Tipo de Tecnoloxía Propietaria ou Libre

- Pechada, Semicerrada ou Aberta

- Materiais de traballo

- Diámetro de filamento 3 mm ou 1,75 mm (Estase estandarizando o 1,75 mm)

- Axuste manual ou Automático

- Tipo de Extrusor (Marcaranos a resolución X,E) si ten 1, 2, 3 ou 4 boquillas.

- Resolucións en Z

- Prezo

 

Para usar PLA vale prácticamente calquera impresora pero para usar Filaflex necesítase de extrusores compatibles.

Son muchísimos parámetros para dar co que necesitamos sen pagar máis da conta por iso, pero como todo na tecnoloxía cada día que pasa é todo un pouco máis barato.

Si disme para que a precisais podo orientarche sen ningún problema ;)