AMPLIACIÓN DE DESAFÍOS STEM A CICLOS DE FP E DOTACIÓN DE EQUIPAMENTO

AMPLIACIÓN DE DESAFÍOS STEM A CICLOS DE FP E DOTACIÓN DE EQUIPAMENTO

por José María Diz Santaclara -
Número de respostas: 1

HOLA, EU SON DOCENTE DUN CICLO MEDIO DE CARPINTARÍA E MOBLE. NO MEU CENTRO TEMOS UNHA IMPRESORA 3D QUE ADQUIRIMOS CON FONDOS PROPIOS E POR INICIATIVA NOSA.

NOS FACEMOS DESEÑOS 2D E 3D DE MOBLES EN AUTOCAD, POLO QUE NOS FALTABA DAR O PASO DE IMPRIMIR OS DESEÑOS EN 3D PARA OBTER UNHAS MAQUETAS A ESCALA.

AINDA QUE PARTICIPAMOS EN CONCURSOS A NIVEL NACIONAL DE DESEÑO DE MOBLES, NON PODÍAMOS PRESENTAR AS MAQUETAS IMPRESAS EN 3D (O CAL SI SE VALORA MOI POSITIVAMENTE). PRESENTABAMOS AS MAQUETAS A ESCALA FEITAS EN TALLER EN MADEIRA. PODEDES VER:

 

https://balonesdemadera.files.wordpress.com/2017/01/exposicic3b3n-20-obras.pdf

CREO QUE ESTARÍA BEN QUE SE NOS DEIXASE PRESENTAR AOS DESAFIOS STEM, INCLUIDO O EQUIPAMENTO NECESARIO. XA QUE UTILIZARIAMOS TANTO A IMPRESORA 3D, COMA AS PLACAS ARDUINO E A RASPBERRY PI PARA BUSCAR SOLUCIÓN APLICADAS DE DOMÓTICA.

 

En resposta a José María Diz Santaclara

Re: AMPLIACIÓN DE DESAFÍOS STEM A CICLOS DE FP E DOTACIÓN DE EQUIPAMENTO

por Marta Coria -

Ola José:

Estou de acordo contigo da importancia que ten unha impresora 3D no voso ciclo (imprescindible!). A dotación que se fixo o ano pasado, foi aos centros de secundaria e bacharelato que imparten robótica e programación. (O departamento de equipamentos de fp e das escolas de artes e deseño é independente e non remitiron o kit).

A integración da robótica, impresión 3D e placas de arduino aplicadas á domótica é unha proposta óptima. 

Moitas grazas por compartir con nós a ligazón ao concurso nacional de diseño de mobles. Noraboa polo traballo!!!