Ola Ana,
para a elección dunha impresora deberemos de ter en contas as características da mesma que máis se axustan ás nosas necesidades, pero tamén pensando que efectivamente os teus compañeiros teñen razón ao afirmar que a tecnoloxía avanza moi rápido, é outro factor a ter en conta.
En que características debo fixarme á hora de comprar unha impresora? (Todas as características a que farei referencia é de impresoras domésticas ou educativas (non industriais) tipo FDM "Fused deposition modeling" ou en castelán MDF "Modelado por deposición fundida" como a LEÓN 3D Legio
- Volume de impresión (Non é o mesmo o tamaño da impresora que o volúmen máximo de impresión da mesma):
- Velocidade de impresión
- Tipo de Tecnoloxía Propietaria ou Libre
- Pechada, Semicerrada ou Aberta
- Materiais de traballo
- Diámetro de filamento 3 mm ou 1,75 mm (Estase estandarizando o 1,75 mm)
- Axuste manual ou Automático
- Tipo de Extrusor (Marcaranos a resolución X,E) si ten 1, 2, 3 ou 4 boquillas.
- Resolucións en Z
- Prezo
Para usar PLA vale prácticamente calquera impresora pero para usar Filaflex necesítase de extrusores compatibles.
Son muchísimos parámetros para dar co que necesitamos sen pagar máis da conta por iso, pero como todo na tecnoloxía cada día que pasa é todo un pouco máis barato.
Si disme para que a precisais podo orientarche sen ningún problema ;)