Proxecto Escola de Prensa
Proxecto elaborado coordinado por alumnos de 4º de ESO e Sonia González Varela.
1. Introducción e obxectivos


A través do concurso Escola de Prensa do xornal El Progreso os alumnos de 4º de ESO e a profesora Sonia González Varela coordinaron a elaboración dun xornal onde puidemos recoller traballos de investigación, reportaxes, entrevistas, pasatempos, etc.
Colaboraron no proxecto o Departamento de Lingua Galega e o equipo de Biblioteca, destacando a participación activa de Soledad Torres que axudou aos alumnos e incluso integrou curricularmente algúns dos traballos na súa materia. Tamén participaron o Departamento de Inglés, o Departamento de Orientación, Carmen Somoza, Miguel de Cabo, Bénjamin Muras e os alumnos de 3º de EP.
Destaca deste proxecto o desenvolvemento das competencias lingüistica, sentido de iniciativa e espíritu emprendedor e a competencia dixital, entre outras. Dende o punto de vista das habilidades para o século XXI resaltar o traballo en habilidades executivas e de procesamento da información.
Tendo en conta as intelixencias múltiples o proxecto inclúe unha gran variedade de opcións, ou ventás, para que o alumno se aproxime ao proxecto. Quixemos respetar os intereses do alumnado, as súas potencialidades e súa diversidade. Algúns alumnos preferiron asomarse ao proxecto dende unha perspectiva visioespacial, lingüistica, cinética, naturalista... sempre desenvolvendo os seus intereses e talentos. O perfil de portas ou saídas é máis estreito xa que o xornal, como producto final, emprega principalmente as habilidades lingüisticas e visoespaciais.
Tanto para aproximarse ao proxecto como para a elaboración do producto final os alumnos agrupáronse en pequenos grupos ou de forma individual, según as súas preferencias e intereses.
O xornal incluíuse nos fondos da biblioteca escolar e será publicado dixitalmente na páxina web de El Progreso:
http://www.escoladeprensaelprogreso.es
A mediados de xuño publicaránse tamén en formato papel os gañadores do concurso.