Proxecto Escola de Prensa
| Sitio: | CFR de Lugo |
| Curso: | L1705015 Incluíndonos na ecuación do cambio II |
| Libro: | Proxecto Escola de Prensa |
| Impreso por: | Usuario convidado |
| Data: | venres, 6 de marzo de 2026, 6:42 PM |
Descrición
Proxecto elaborado coordinado por alumnos de 4º de ESO e Sonia González Varela.
1. Introducción e obxectivos


A través do concurso Escola de Prensa do xornal El Progreso os alumnos de 4º de ESO e a profesora Sonia González Varela coordinaron a elaboración dun xornal onde puidemos recoller traballos de investigación, reportaxes, entrevistas, pasatempos, etc.
Colaboraron no proxecto o Departamento de Lingua Galega e o equipo de Biblioteca, destacando a participación activa de Soledad Torres que axudou aos alumnos e incluso integrou curricularmente algúns dos traballos na súa materia. Tamén participaron o Departamento de Inglés, o Departamento de Orientación, Carmen Somoza, Miguel de Cabo, Bénjamin Muras e os alumnos de 3º de EP.
Destaca deste proxecto o desenvolvemento das competencias lingüistica, sentido de iniciativa e espíritu emprendedor e a competencia dixital, entre outras. Dende o punto de vista das habilidades para o século XXI resaltar o traballo en habilidades executivas e de procesamento da información.
Tendo en conta as intelixencias múltiples o proxecto inclúe unha gran variedade de opcións, ou ventás, para que o alumno se aproxime ao proxecto. Quixemos respetar os intereses do alumnado, as súas potencialidades e súa diversidade. Algúns alumnos preferiron asomarse ao proxecto dende unha perspectiva visioespacial, lingüistica, cinética, naturalista... sempre desenvolvendo os seus intereses e talentos. O perfil de portas ou saídas é máis estreito xa que o xornal, como producto final, emprega principalmente as habilidades lingüisticas e visoespaciais.
Tanto para aproximarse ao proxecto como para a elaboración do producto final os alumnos agrupáronse en pequenos grupos ou de forma individual, según as súas preferencias e intereses.
O xornal incluíuse nos fondos da biblioteca escolar e será publicado dixitalmente na páxina web de El Progreso:
http://www.escoladeprensaelprogreso.es
A mediados de xuño publicaránse tamén en formato papel os gañadores do concurso.
2. Integración curricular

2.1. EPVA 4ºESO

2.2. VET 4º ESO

2.3. IAEE 4ºESO

2.4. LGL 4º ESO

2.5. Instrumentos avalicación



3. Síntesis de accións e materiais elaborados
A elaboración deste xornal implicou a elaboración de diversas e variadas tarefas.
Ademáis das incluidas no xornal destacamos:
- Reunión inicial informativa para os profesores coordinadores nas instalacións de El Progreso.
- Xornada de traballo cunha redactora do Progreso. Ana visitou o noso centro, impartiu unha charla aos alumnos de 4º de ESO sobre as bases do xornalismo, supervisou os avances no proxecto e axudou aos alumnos cos seus traballos.
- Publicacións do Progreso seguindo os avances do proxecto.
![]()
![]()
![]()
- Seguimento do xornal El Progreso e publicación dos avances da nosa escola.
![]()
![]()


4. Resultados, propostas de continuidade e mellora
O concurso Escola de Prensa encaixou perfectamente coa nosa forma de traballo, supuxo unha gran oportunidade como "Actividade Tipo III" segundo o modelo SEM de Joe Renzulli, actividade dirixida a impactar sobre unha audiencia máis alá da aula e do profesor.
Supón unha boa alternativa á revista escolar, na que vimos tendo dificultades para incluir as nosas actividades.
Esperamos poder volver a participar o ano que ven en Escola de Prensa, e dado o bo resultado do proxecto, esperamos que máis profesores e alumnos se animen a participar.