1. Introducción, obxectivos e perfil de proxecto.

Por segundo ano consecutivo decidimos participar no proxecto Out of Eden.  Este ano participaron dous grupos de alumnos de 3º de ESO, un deles con sección bilingüe, e un grupo de 3º de EP. Os profesores participantes foron:

-Sonia González Varela, coordinadora e profesora da sección bilingüe.

-Carmen Somoza, titora de 3º EP.

- Miguel de Cabo, mestre de Inglés de EP.

- Bénjamin Muras, mestre de Educación Artística de EP.

Tamén colaborou Julián Pallares coordinador da sección bilingüe e membro do Departamento de Inglés de secundaria.

O CEIP de Bretoña tamén fixo unha colaboración realizando unha das actividades propostas con alumnos de 3º, 4º e 6º EP. 

Out of Eden Learn é unha comunidade de aprendizaxe diseñada para acompañar a viaxe de Paul Salopek, periodista de National Geographic. É unha iniciativa de Project Zero, Harvard Graduate School of Education. 

A través dunha plataforma dixital os alumnos crean un portafolio dixital e comparten experiencias e actividades con escolas de todo o mundo. 

Destaca deste proxecto o desenvolvemento das competencias lingüistica, aprender a aprender, conciencia e expresións culturais, social e cívica e a competencia dixital. 

Dende o punto de vista das habilidades para o século XXI destaca o traballo nas habilidades executivas e de procesamento da información. 

Tendo en conta o perfil de Intelixencias Múltiples destacamos a gran variedade de ventás, ou entradas, nas que o alumnado pode aproximarse ao proxecto, tendo ao seu alcanze vídeos, textos, imáxes, audios, etc. Tamén destaca a diversidade de portas ou saídas, nas que o alumno traballa con diferentes formatos e soportes para dar forma aos seus productos. O alumno principalemente traballa e reflexiona de forma individual e interacciona con compañeiros de escolas de todo o mundo. Quixemos potenciar o traballo colaborativo organizando un equipo de traballo base cooperativo con alumnos de 3º ESO e 3º EP.