Proxecto "Out of Eden Learn".

Sitio: CFR de Lugo
Curso: L1705015 Incluíndonos na ecuación do cambio II
Libro: Proxecto "Out of Eden Learn".
Impreso por: Usuario convidado
Data: venres, 6 de marzo de 2026, 5:55 PM

Descrición

Proxecto desenvolvido en colaboración con 

1. Introducción, obxectivos e perfil de proxecto.

Por segundo ano consecutivo decidimos participar no proxecto Out of Eden.  Este ano participaron dous grupos de alumnos de 3º de ESO, un deles con sección bilingüe, e un grupo de 3º de EP. Os profesores participantes foron:

-Sonia González Varela, coordinadora e profesora da sección bilingüe.

-Carmen Somoza, titora de 3º EP.

- Miguel de Cabo, mestre de Inglés de EP.

- Bénjamin Muras, mestre de Educación Artística de EP.

Tamén colaborou Julián Pallares coordinador da sección bilingüe e membro do Departamento de Inglés de secundaria.

O CEIP de Bretoña tamén fixo unha colaboración realizando unha das actividades propostas con alumnos de 3º, 4º e 6º EP. 

Out of Eden Learn é unha comunidade de aprendizaxe diseñada para acompañar a viaxe de Paul Salopek, periodista de National Geographic. É unha iniciativa de Project Zero, Harvard Graduate School of Education. 

A través dunha plataforma dixital os alumnos crean un portafolio dixital e comparten experiencias e actividades con escolas de todo o mundo. 

Destaca deste proxecto o desenvolvemento das competencias lingüistica, aprender a aprender, conciencia e expresións culturais, social e cívica e a competencia dixital. 

Dende o punto de vista das habilidades para o século XXI destaca o traballo nas habilidades executivas e de procesamento da información. 

Tendo en conta o perfil de Intelixencias Múltiples destacamos a gran variedade de ventás, ou entradas, nas que o alumnado pode aproximarse ao proxecto, tendo ao seu alcanze vídeos, textos, imáxes, audios, etc. Tamén destaca a diversidade de portas ou saídas, nas que o alumno traballa con diferentes formatos e soportes para dar forma aos seus productos. O alumno principalemente traballa e reflexiona de forma individual e interacciona con compañeiros de escolas de todo o mundo. Quixemos potenciar o traballo colaborativo organizando un equipo de traballo base cooperativo con alumnos de 3º ESO e 3º EP. 

2. Integración curricular de proxecto

Cursos e materias integradas curricularmente

2.1. 3º EP, Educación Artística

Profesor: Benjamin Muras

2.2. 3º EP, Inglés

Profesor: Miguel de Cabo

2.3. Instrumentos Evaluación Inglés

Plantilla Inglés

2.4. 3º EP, Tutoría

Tutora: Carmen Somoza

2.5. 3º ESO, Educación Plástica, Visual e Audiovisual

Profesora: Sonia González Varela

Ejemplo de trabajo realizado sobre el currículo clasificando los estándares en progresivos, constantes y de evaluación puntual. Sobre esta plantilla se van apuntando los estándares ya evaluados.

2.6. Educación Plástica, Visual e Audiovisual Sección Bilingüe

2.7. Instrumentos evaluación EPVA

3. Síntesis de accións e materiais elaborados

Cada grupo abordou as diferentes propostas de actividades e cada alumno creo un perfil e un portafolio dixital dentro da plataforma Out of Eden. 

Os alumnos realizaron principalmente debuxos, fotografías, textos, entrevistas, rutinas de pensamento e interactuaron na plataforma dixital con alumnos de escolas de outros paises, sempre co inglés como lingua principal. 

Avatares creados para incluir como imaxe de perfil na plataforma dixital. 

Creouse un grupo cooperativo base con alumnos de 3º de ESO e 3º EP. Realizáronse varias sesións en conxunto na aula de informática onde os maiores axudaron aos pequenos a manexar a plataforma dixital e a traducir ao inglés o material elaborado.

Alumnos do CEIP de Bretoña co mestre Miguel Martinez colaboraron con nos realizando uns debuxos inspirados nun texto de Paul Salopek.  

No xornal Escola de Prensa incluimos unha escolma de traballos realizados para este proxecto. Estos son algúns exemplos:

4. Resultados, propostas de continuidade e mellora

Este proxecto é de gran interés e esperamos poder participar tamén o ano que ven. Trátase dunha proposta moi completa, cuns recursos a disposición dos alumnos e dos profesores moi elaborados e de gran calidade. 

As tarefas propostas son moi interesantes e variadas, fomentan a acción dos alumnos na súa localidade e entorno máis cercanos e promoven a interacción global compartindo experiencias dende o respeto e a posta en valor. 

O alumnado desenvolve a súa competencia dixital e aprende a utilizar responsablemente as redes sociais, aportando opinións constructivas  e positivas. 

Esperamos que con actividades como a desenvolvida os alumnos perciban a utilidade de interactuar nunha lingua estranxeira para relacionarse con xente que vive noutros países.

O grupo de traballo cooperativo resultou moi satisfactorio tanto para os profesores como para os alumnos, os alumnos de secundaria puideron aplicar os seus coñecementos colaborando cos alumnos de primaria e algúns, que eran irmáns, disfrutaron enormemente de xuntarse e compartir espacios e proxecto.