Proxecto Escola de Prensa
Requisitos do completado
Proxecto elaborado coordinado por alumnos de 4º de ESO e Sonia González Varela.
4. Resultados, propostas de continuidade e mellora
O concurso Escola de Prensa encaixou perfectamente coa nosa forma de traballo, supuxo unha gran oportunidade como "Actividade Tipo III" segundo o modelo SEM de Joe Renzulli, actividade dirixida a impactar sobre unha audiencia máis alá da aula e do profesor.
Supón unha boa alternativa á revista escolar, na que vimos tendo dificultades para incluir as nosas actividades.
Esperamos poder volver a participar o ano que ven en Escola de Prensa, e dado o bo resultado do proxecto, esperamos que máis profesores e alumnos se animen a participar.