4. Resultados, propostas de continuidade e mellora

Este proxecto é de gran interés e esperamos poder participar tamén o ano que ven. Trátase dunha proposta moi completa, cuns recursos a disposición dos alumnos e dos profesores moi elaborados e de gran calidade. 

As tarefas propostas son moi interesantes e variadas, fomentan a acción dos alumnos na súa localidade e entorno máis cercanos e promoven a interacción global compartindo experiencias dende o respeto e a posta en valor. 

O alumnado desenvolve a súa competencia dixital e aprende a utilizar responsablemente as redes sociais, aportando opinións constructivas  e positivas. 

Esperamos que con actividades como a desenvolvida os alumnos perciban a utilidade de interactuar nunha lingua estranxeira para relacionarse con xente que vive noutros países.

O grupo de traballo cooperativo resultou moi satisfactorio tanto para os profesores como para os alumnos, os alumnos de secundaria puideron aplicar os seus coñecementos colaborando cos alumnos de primaria e algúns, que eran irmáns, disfrutaron enormemente de xuntarse e compartir espacios e proxecto.