Traballar co asistente III
3. Na seguinte pantalla, móstrase o terceiro paso do Asistente.
En Efecto, podemos especificar algún efecto para a transición entre diapositivas cando se estea realizando a presentación en pantalla.
A transición é o xeito en que unha diapositiva é substituída por outra. Por exemplo, podemos facer que a diapositiva desapareza desprazándose cara á dereita e a seguinte apareza pola esquerda. Non importa se non marcamos as opcións neste momento, temos a posibilidade de facelo máis adiante. Deixaremos para os pasos finais unha explicación máis detallada destes efectos.
Coa opción Velocidade, configuraremos a velocidade coa que se verá o efecto elixido para a transición entre as diapositivas.
Na metade inferior podemos configurar unha presentación automática axustando os tempos de duración das páxinas e das pausas:
- Predeterminado: fai que o transcurso das diapositivas na pantalla se faga manualmente, cando premamos no botón esquerdo do rato ou calquera tecla definida para iso.
- Automático: a presentación realízase automaticamente. O paso dunha diapositiva a outra e a pausa entre elas establécese nas dúas subopcións (Duración de páxina, Duración de pausa).