Traballar co asistente II
No paso número dous, teremos que seleccionar un estilo de diapositiva e un medio de presentación.
O Estilo de diapositiva ofrécenos un cadro despregable coas dúas opcións xa vistas no paso 1 aínda que aparece, de forma predeterminada, Fondo de presentación.
A través do Medio de presentación, indicamos en que soporte imos presentar as diapositivas:
- Orixinal: é a opción seleccionada por defecto, indica que se utilizará o formato da diapositiva orixinal do modelo seleccionado no paso anterior.
- Transparencia: se a nosa presentación vai ser exposta en transparencias a través dun retroproxector, marcaremos esta opción.
- Papel: marcarémola se imos traballar con presentación impresa.
- Pantalla: se a nosa presentación vai ser exposta nunha pantalla, esta opción deseñará as diapositivas cunha proporción de 4x3, como nun monitor de computador.
- Diapositiva: esta opción destínase a unha presentación en diapositivas. Con ela a diapositiva terá unha proporción de 36x24 (como nunha diapositiva auténtica).
|
|