Posibilidades de Slideshare
SlideShare (traducido significa Comparte Diapositiva) é o sitio de Internet máis empregado para compartir presentacións. A través de SlideShare podes difundir as túas presentacións aproveitando ademais todas as posibles sinerxías que ofrecen as redes sociais.
Para compartir a túa presentación, debes:
- Crear unha conta. Accede a www.slideshare.net.
- Editar o teu perfil.
- Subir a túa presentación, sexa para ser publicada (opción 'publicly') ou non ('privately').
- Clasificala coas oportunas etiquetas identificadoras ou 'tags'.
- Inserir unha descrición, elixir a categoría e verificar se queres que se poida baixar ('Allow viewers to download file').