Traballar co Asistente

Imos comezar a explorar as posibilidades dunha presentación feita co Asistente.

1. Se optamos por seleccionar Desde modelo, veremos que aparecen na parte inferior un cadro de lista despregable e un cadro no que se mostran os diferentes modelos dispoñibles. Se facemos clic sobre a frecha do cadro de lista despregable aparecen dúas opcións: Presentacións e Fondos de presentación.

  • Presentacións: esta opción é a que aparece seleccionada de forma predeterminada e mostra os modelos dispoñibles. Non se trata dun simple fondo de diapositiva, senón un conxunto de diapositivas xa deseñadas, cada unha cos seus apartados correspondentes.
  • Fondos de presentación: esta opción mostra unha lista cos fondos de presentación dispoñibles.
Agora, xa podemos ver como será a base da nosa presentación no lado dereito se temos activada a Vista previa:
asistente_1