Saltar navegación

Identidade dixital

Identidade dixital

A identidade dixital é a imaxe que proxectamos ante os demais a través de Internet. Esta xérase a partir do conxunto das publicacións que realizamos e do resto de información que se pode atopar acerca de nós na internet.

De que xeito chega a nosa información á internet?

Aportada por nós de xeito voluntario

Por exemplo, cos contidos que publicamos (posts, vídeos, reels etc.)/ etc.) e a información que achegamos ao darnos de alta nun servizo, aínda que non sexa pública para outros, así como as nosas preferencias sobre o acceso doutros á nosa información, rexistrado nos permisos que damos ás aplicacións.

Aportada por outros

Como amigos ou compañeiros que nos inclúen nas súas publicacións, ben aparecendo en imaxes, mencións, etc.

Xerada automáticamente

Ao interactuar nas aplicacións, buscadores ou navegadores, como a dirección IP e o lugar de conexión, as páxinas que visitamos ou as procuras que facemos etc.

Comezamos a protexernos: As cookies, o modo incógnito ou privado

Sabes o que son as cookies?

E o modo incógnito ou privado dun navegador web?