Saltar navegación

Restrinxir por grupo

Haberá ocasións onde nos interese crear actividades diferentes para diferentes grupos.

Entón é necesario poder restrinxir o acceso a unha actividade ao grupo ao que vai dirixida, de xeito que os outros grupos non poidan acceder a ela.

  1. Teremos que por a "Sí" a opción "Alumnos que entregan en grupos" (Configuración de entregas de grupo) 
  2. Escoller o grupo de alumnos "Agrupación por grupos de alumnos" (Configuración de entregas de grupo) 
  3. Escoller o "Modo de grupo", visibles ou separados (Configuración común do módulo)
  4. Escoller o agrupamento que inclúe o grupo da actividade en "Agrupamento" (Configuración común do módulo)
  5. Forzar a restricción ao grupo marcando o check "Dispoñible só para membros do grupo". Esta opción non está habilitada por defecto. Os administradores/as da aula virtual poden activala en:
  6. Administración do sitio/Desenvolvemento/Experimental/Configuración Experimental e marcar "Activar só os membros do grupo".
Restricción por grupo
Licenza: Dominio público