Nas tarefas grupais, cando un participante dun grupo sube á plataforma un traballo premendo "Editar o meu envío", pásase ao estado de "Versión preliminar" e todos os membros do grupo poden ver, modificar e volver a subir ese traballo.
Como profesores podemos ver as versións preliminares, entrando na tarefa e premendo "Ver/cualificar todas as entregas":
Cando no cadro anterior prememos, como docentes, na cualificación dun alumno, imos ter sempre, nas actividades grupais, a opción de dar a mesma nota a todos os membros do grupo, ou non.
Podes ver exemplos de configuración de actividades grupais no apartado de Recursos deste módulo.
Lembra que para acceder á configuración dunha actividade: