Saltar navegación

Grupos e agrupamentos

Moodle permite organizar aos alumnos en grupos e agrupamentos dentro do curso ou en determinadas actividades.

O uso de grupos e agrupamentos nun curso resulta moi útil cando temos moito alumnado, xa que permite:

  • O seguimento das achegas do alumnado por grupo.
  • A titorización de cada grupo por un docente.
  • Organizar unha actividade colaborativa e avaliala individual e colectivamente (nota do grupo)

O uso de grupos e agrupamentos nunha actividade vai permitir:

  • Definir conxuntos de grupos.
  • Restrinxir o acceso a unha actividade por agrupamento.

Lembrade que é preciso habilitar o traballo con grupos no bloque de "Administración do curso" en "Editar configuración":

Habilitar grupos
Licenza: Dominio público