Tamaño e compresión de imaxes
Aínda que nos últimos tempos as conexións a internet son moito mellores que fai uns anos, é moi importante empregar tamaños de arquivo axeitados para non ralentizar as velocidades de carga das páxinas.
Para poder empequenecer (comprimir) o tamaño destas imaxes podemos empregar diferentes ferramentas. Hai ferramentas online (como poden ser https://www.iloveimg.com/, https://imagecompressor.com/es/, caesium.app ou https://compressor.io/) e outras que poden estar instaladas na nosa computadora (como poden ser Gimp, Paint de Windows, Caesium Image Compressor ou XnConvert)
Hai multitude de ferramentas con esta finalidade, unhas máis caras e outras gratuítas; unhas con máis funcionalidades e outras con menos... pero todas moi últiles.
¿Podes realmente ver a diferencia entre estas dúas imaxes?
![]() |
![]() |
|---|---|
Imaxe de 400x400 pixeles Peso de 43Kb |
Imaxe orixinal de 4096x4096 pixeles Peso de 1.85Mb (=1894Kb) 44 veces máis pesada |
Empregando este tipo de ferramentas podemos facer que as páxinas carguen máis rápido e a navegación vaia moito máis fluída. Dádevos de conta que ás veces alumnado que non ten boa conexión di cousas como "non me daba cargado a páxina" ou "íame moi lento"... de seguro que a conexión que ten non é boa pero igual o problema é que estamos enviado unha fotografía ou un PDF que ocupa moito máis do necesario; ¿se só necesito poñer unha fotografía que pesa (pesa = tamaño da fotografía no disco duro) 50kb para que vou a mandar unha fotografía que pesa 30 veces máis?
Se queredes algo máis de información sobre as imaxes, déixovos este pequeno traballo do IES Profesor Andrés Bojollo aquí.

