En Drupal podemos atopar os seguintes tipos de contido por defecto:

  1. Artigo de blogue. É unha mensaxe que pode incluír texto enriquecido e ficheiros axuntos.
  2. Historia. É unha mensaxe que pode incluír texto enriquecido e ficheiros axuntos.
  3. Páxina. É unha mensaxe que pode incluír texto enriquecido e ficheiros axuntos. Diferénciase das anteriores en que se lle poden axuntar imaxes de distinto xeito e a presentación en páxina é distinta (pois amosa unha miniatura da imaxe).
  4. Imaxe. Permite publicar unha fotografía grande que a aplicación reduce automaticamente en miniaturas para facilitar a navegación.
  5. Libro. É un agrupamento  (non físico se non máis ben relacional) entre os diferentes contidos. O libro permítenos desprazarnos entre os contidos relacionados con facilidade sen ter en conta a data de publicación)
  6. Evento. O que vén sendo un artigo, páxina... que se publica no calendario da web. Pode levar data de inicio e data de fin.
  7. Enquisa. É unha pregunta simple para recabar información estatística ou simplemente animar a festa.
  8. WebForm. É un cuestionario, máis complexo que a Enquisa, para a recollida de datos, arquivos axuntos...


A efectos prácticos poderiamos dicir que o "Artigo do blogue", a "Historia" e a "Páxina" son practicamente o mesmo tipo de contido pois ofrecen funcionalidades practicamente idénticas.



Última modificación: luns, 1 de febreiro de 2021, 3:28 PM