Axuntar un arquivo
Requisitos do completado
Abertas: sábado, 9 de marzo de 2024, 12:00 AM
Neste exercicio deberedes axuntar un ficheiro a un dos artigos creados ou crear un para a ocasión. Esta tarefa é importante non esquencela pois é de importancias para incrustar arquivos de audio ou de vídeo.
Se o que vas a facer é crear un contido novo, deberás seleccionar "Crear contido" e elixir un dos seguintes: Artigo de blogue, Páxina ou Historia (lembra que a efectos prácticos non hai diferencia entre eles).
Non esquezas:
- Completar o título.
- Seleccionar os vocabularios de publicación desexados.
- Inserir un texto no corpo.
- Axuntar un ficheiro.
- Comprobar en "Opcións de publicación" que está marcada a casiña de verificación "Publicado" para que o artigo se publique.
- Comprobar que efectivamente se publicou o artigo accedendo a el mediante o menú correspondente.
Se o que vas a facer é a modificación dun artigo xa feiro, vai ao artigo que publicaches e na parte superior selecciona o botón "Editar". Non esquezas axuntar o ficheiro.
Para axuntar arquivos podes empregar os que fornecemos no cartafol para este fin ou o que ti prefiras.