Aínda que nos últimos tempos as conexións a internet son moito mellores que fai uns anos, é moi importante empregar tamaños de arquivo axeitados para non ralentizar as velocidades de carga das páxinas.

Para poder empequenecer (comprimir) o tamaño destas imaxes podemos empregar diferentes ferramentas. Hai ferramentas online (como poden ser https://www.iloveimg.com/https://imagecompressor.com/es/, caesium.app ou https://compressor.io/) e outras que poden estar instaladas na nosa computadora (como poden ser Gimp, Paint de Windows, Caesium Image Compressor ou XnConvert)

Hai multitude de ferramentas con esta finalidade, unhas máis caras e outras gratuítas; unhas con máis funcionalidades e outras con menos... pero todas moi últiles.


¿Podes realmente ver a diferencia entre estas dúas imaxes?


Imaxe de 400x400 Imaxe de 4096x4096

Imaxe de 400x400 pixeles

Peso de 43Kb


Imaxe orixinal de 4096x4096 pixeles

Peso de 1.85Mb (=1894Kb)

44 veces máis pesada




Empregando este tipo de ferramentas podemos facer que as páxinas carguen máis rápido e a navegación vaia moito máis fluída. Dádevos de conta que ás veces alumnado que non ten boa conexión di cousas como "non me daba cargado a páxina" ou "íame moi lento"... de seguro que a conexión que ten non é boa pero igual o problema é que estamos enviado unha fotografía ou un PDF que ocupa moito máis do necesario; ¿se só necesito poñer unha fotografía que pesa (pesa = tamaño da fotografía no disco duro) 50kb para que vou a mandar unha fotografía que pesa 30 veces máis? 


Se queredes algo máis de información sobre as imaxes, déixovos este pequeno traballo do IES Profesor Andrés Bojollo aquí.



Última modificación: luns, 16 de xaneiro de 2023, 11:48 PM