C. Sociais 4º 25-26
Section outline
-
-
Abertas: mércores, 10 de decembro de 2025, 12:00 AMPendente: mércores, 17 de decembro de 2025, 12:00 AM
Nesta semana ides ser meteorólogos e meteorólogas.
Seredes ademais xornalistas especializados na presentación do tempo na televisión.
Para facer un bo programa, seguide estes pasos:
- Mirade varios programas do tempo na tele estes días e fixádevos como falan os presentadores e presentadoras, como se colocan, como se moven, que vocabulario utilizan ...
- Escollede un mapa do tempo (cos símbolos característicos). Podedes usar a imaxe que prefirades.
- Practicade a falar do tempo con esa imaxe e utilizade o vocabulario correcto ( vento, precipitacións, nubes e craros, temporal, borrasca, temperatura ...) edemais das referencias aos lugares que se marcan no mapa que escollades. Debedes dominar os termos de : norte, sur, leste e oeste en calquera mapa ,,,
- Subide a imaxe que escollestes a Aula Virtual para poñela na clase e presentarlle o tempo aos vosos compañeiros.
Ides ser uns grandes profesionasis.
Temos ganas de escoitarvos.
Adiante ...
-