Moodle Mobile: Libro de Consulta
Con Moodle Mobile, a App móbil (para dispositivos móbiles) oficial de Moodle, poderás:
- Acceder ao contido deste curso desde o teu dispositivo móbil, incluso sen conexión a internet.
- Recibir notificacións instantáneas de mensaxes e outros eventos.
- Atopar rapidamente e contactar con outras persoas deste mesmo curso.
- Subir imaxes, audio, vídeo e outros ficheiros desde o teu dispositivo móbil.
- Facer un seguimento do teu progreso neste curso.
- Ver as tarefas e publicar nos foros.
- Ver as túas cualificacións no curso.
- ... e moito máis.
1. Instalar a app no meu dispositivo
Instalar a app no meu dispositivo
Para instalar a app no teu dispositivo móbil (tablet e/ou smartphone), en primeiro lugar descarga a app desde a tenda de aplicacións do teu dispositivo móbil "Google Play" ou "App Store, do mesmo xeito que calquera outra aplicación para o móbil. Esta app é totalmente gratuíta.
Se usas un dispositivo móbil (teléfono ou tablet) con sistema operativo Android
Desde o teu dispositivo móbil abre a tenda de aplicacións Google Play e busca a app tecleando "Moodle app". A continuación descarga e instala esta app no teu dispositivo móbil
Desde o teu dispositivo móbil abre a tenda de aplicacións App Store e busca a app tecleando "Moodle app". A continuación descarga e instala esta app no teu dispositivo móbil.
Unha vez descargada a app no teu dispositivo móbil, a primeira vez que a usas debes introducir os datos de conexión coa Aula Virtual do teu centro educativo.
| imaxe 1 | imaxe 2 | imaxe 3 |
Cando abras por primeira vez a app, deberás introducir a dirección URL de aula virtual do teu centro.
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipamaia/aulavirtual
Se o enderezo URL introducido é correcto e a configuración da Aula Virtual tamén é correcta, a app permitirá que pulses o botón "Conectar ..."
Nesta terceira pantalla deberás introducir o mesmo nome de usuario e contrasinal que usas para acceder á Aula Virtual en modo online, desde o ordenador.

