Section outline
-
Empecemos polo principio.
Estás na Aula Virtual do CEIP de VITE (Santiago de Compostela).
Neste lugar terás unha serie de pautas para poder levar a cabo unha educación telemática que se compatibilice coa tradicional educación presencial. Serviremos de guía e de titorial para que poidades entrar nos vosos cursos e participar neles de xeito doado e eficiente.
-
Paso a paso.
Recomendamos facer isto nun ordenador e non nun dispositivo móbil.
1- Busca na marxe superior dereita da Aula virtual esta mensaxe "Vostede non se identificou. (Acceder)" ou "Neste momento está usando o acceso para convidados (Acceder)".
2- Preme en ACCEDER.
3- Na sección onde pon ACCEDER, na caixa de NOME DE USUARIO escribe o nome de usuario do alumno ou alumna.
CAL É O NOME DE USUARIO?
O usuario de cada alumno/a é o seu nome e apelidos en minúscula, sen acentos e sen til, polo que se os datos teñen “Ñ” hai que cambiar o “Ñ” por un “n”. No caso de ter ç, será substituída por un c.
O nome estará separado dos apelidos por un punto (.)
Exemplos:
NOME E APELIDOS SIMPLES: Ana López Iglesias sería ana.lopeziglesias.
NOME COMPOSTO: Ana María López Iglesias sería ana.maria.lopeziglesias; María del Carmen López Iglesias sería maria.del.carmen.lopeziglesias.
APELIDO COMPOSTO: Ana López de la Iglesia sería ana.lopezdelaiglesia; Breixo Núñez da Costa sería breixo.nunezdacosta.
NOME OU APELIDO CON “Ñ”: Ana López Vilariño sería ana.lopezvilarino.
4- Si, xa sabemos que é a túa primeira vez aquí, pero NON ENTRES en É esta a súa primeira vez aquí? nin en CREAR UNHA NOVA CONTA. NON. As contas xa están feitas; tan só tedes que configuralas.
5- Agora tes que ingresar o contrasinal na caixa de abaixo.
Cal é o meu CONTRASINAL?
O contrasinal por defecto será enviado dende as titorías É un contrasinal provisional dun só uso. Despois de escribilo na caixa correspondente, pulsade o botón de ACCESO.
Unha vez entredes o sistema vaivos obrigar a cambialo por un contrasinal que só saibades vós. Por favor, sede coidadosos ao elixilo e apuntádeo para non perdelo. É a vosa responsabilidade.
-
Neste apartado explicamos como instalar Abalar Móbil nos vosos dispositivos de xeito doado por medio de dous vídeos titoriais.
Consideramos vital que usedes esta ferramenta, porque conecta de xeito seguro a docentes e familias para unha comunicación fluída. Poderedes consultar as cualificacións, recibir notificacións, solicitar titorías para comentar aspectos do devir dos vosos fillos e fillas, etcétera.
-
Neste titorial explícase como usar o sistema de videoconferencias WEBEX.
-
-
Con Moodle Mobile, a App móbil (para dispositivos móbiles) oficial de Moodle, poderás:
- Acceder ao contido deste curso desde o teu dispositivo móbil, incluso sen conexión a internet.
- Recibir notificacións instantáneas de mensaxes e outros eventos.
- Atopar rapidamente e contactar con outras persoas deste mesmo curso.
- Subir imaxes, audio, vídeo e outros ficheiros desde o teu dispositivo móbil.
- Facer un seguimento do teu progreso neste curso.
- Ver as tarefas e publicar nos foros.
- Ver as túas cualificacións no curso.
- ... e moito máis.




