Percusión
IDIÓFONOS: A vibración é producida polo propio corpo do instrumento. Poden ter:
-Sonido indeterminado PAI: Claves, castañolas, pratos, crótalos, triángulo, caixa china, gong, pandeireta, maraca, cascabeis, güiro.
-Sonido determinado PAD: xilófono, marimba, metalófono, carillón, celesta.
MEMBRANÓFONOS: O son é producido pola vibración dunha membrana ou pel tensa.
Instrumentos de percusión de altura indeterminada PAI (non afinados): Tambor, pandeiro, bombo, caixa, bongós, gong, conga, batería, zambomba, kazoo.
Instrumentos de percusión de altura determinada PAD (afinados): Son determinado: Os timbais.
