Saltar navegación

Fai o teu instrumento

Fabricamos un Kazoo

Autoría:  wikipedia/kazoo

Kazoo

Fabricamos un kazoo

O kazoo é un instrumento aerófono cuxo son é un zunido que resulta do aire que vibra nunha pequena peza de plástico ou papel que hai no seu interior.

É divertido e moi sinxelo de fabricar e tocar. Vexamos como facelo.

Materiais

  • Un rolo de cartón (sérvenos o do papel hixiénico ou o do papel de cociña)
  • Tesoiras
  • Un anaco de plástico
  • Unha goma elástica

Pasos

  1. Recortamos un cadrado de plástico ou de papel de seda máis grande que o diámetro do tubo de cartón.
  2. Colocámolo nun dos extremos do tubo de cartón e, a continuación, fixámolo coa goma elástica.
  3. Para rematar, realizamos un pequeno buraco preto do extremo no que colocamos o papel ou o plástico. Decorámolo ao noso gusto.
  4.  Xa está listo o noso kazoo. Faino soar poñendo a boca no outro extremo mentres pronuncias a sílaba “tu”.

No seguinte vídeo podes ver unha explicación sinxela de como facer este tipo de kazoo.

Hai moitas formas distintas de construír instrumentos aerófonos. Inventa a túa propia ou mira estoutro vídeo no que con materiais similares se pode fabricar unha bucina.

Xilófono

Autoría: juntines.com

https://www.juntines.com/casa/manualidades

QUE SE NECESITA?

  • Diferentes tubos de cartón: del papel hixiénico, de papel de aluminio, de papel de cociña...
  • Tesoiras
  • Punzón
  • Gomas elásticas largas
  • Chinchetas grandes ou clips/pasadores
  • 1 caixa de cartón

INSTRUCIÓNS

  1. Perforade dous buratos nos tubos de papel co punzón. Estes buratos serán onde se conecte á base da caixa.
  2. Perforade dous orificios a cada lado da caixa.
  3. Conectade os pasadores/clips nos buratos perforados que serán os que manteñan as gomas tensas.
  4. Estirade as gomas elásticas dun lado a outro da caixa. Colocade o resto dos pasadores/clipsnos orificios dos tubos e conectalos coas gomas elásticas xa colocadas na caixa.
  5. Colocade os tubos en orde descendente e asegurade que haxa espazo entre cada tubo