Saltar navegación

A voz e os Instrumentos

Os instrumentos musicais

A voz

voz é o instrumento natural máis antigo que existe. Ao igual que ocorre co resto de instrumentos aerófonos, o son prodúcese mediante a vibración das chamadas cordas vocais, O tamaño e o grosor das cordas vocais fai que homes e mulleres teñan distintos timbres e alturas nas súas voces. Atendendo a isto distinguiremos entre:

TIPOS DE VOCES

Altura   Homes/Masculinas

Mulleres/Femininas e

Voces de nenos ou voces brancas

Grave Baixos Contraltos
Media Barítonos Mezzosopranos
Aguda Tenores Sopranos

As voces poden agruparse de distintas formas:

  • Dúos, tríos, cuartetos, quintetos, etc., dependendo de se son dous, tres, catro, cinco ou máis voces respectivamente.
  • Coros máis grandes, nos que hai unha gran cantidade de voces iguais, mixtas ou específicas.
2. Nos seguintes vídeos, identifica cal é a agrupación que canta a capela.

Fonte: E-Dixgal

Clasificación

Cada instrumento ten un son peculiar (timbre) que depende da súa forma, do material co que está fabricado e tamén do modo no que se toque.

Os instrumentos musicais clasifícanse segundo dous criterios:

1. Clasificación tradicional: Ten en conta as familias instrumentais  da Orquestra:

Instrumentos de corda, vento e percusión
2. Clasificación Técnica:  Ten en conta o material que vibra e produce o son: 

Cordófonos- Vibran as cordas

Aerófonos- Vibra a columna de aire

Membranófonos. Vibra unha membrana

Idiófonos: Vibra o propio instrumento

Electrófonos- Impulsos eléctricos

Clasificación tradicional dos instrumentos
Clasificación tradicional dos instrumentos

A orquestra sinfónica é unha agrupación instrumental formada por máis de 80 músicos. Os instrumentos agrúpanse en familias: corda, vento madeira, vento metal e ao fondo os de percusión. Colócanse segundo a súa sonoridade.

Ao fronte e de espaldas ao público está o director/a. Na man dereita ten unha BATUTA coa que marca o tempo e o compás e coa esquerda dá a entrada aos instrumentos, marca os matices de intensidade (se hai que tocar forte, piano, crescendo...) 

Obertura Guillermo Tell de Rossini

Actividade para recoñecer as familias de instrumentos da orquestra, a súa colocación no escenario e o timbre dos instrumentos

Divídese a clase en familias de instrumentos e terán que levantarse cada vez que sexan enfocados no vídeo.