Section outline

  • Novas

    Este é o espazo do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP Francisco Vales Villamarín. Nel poderás atopar todas as actividades que se levarán a cabo neste curso 2021-22. Agardamos que nos visitedes frecuentemente. E non te esquezas, se queres contactar con Equipo de Dinamización da Lingua Galega, podes enviarnos un correo a valesvillamarinedlg@gmail.com

  • MEMORIA EDUCACIÓN MUSICAL

    A música e o arte impregnou todo o colexio e dende infantil a primaria, todos acabamos bailando "TERRA"... pero, non só bailáchedes, tamén coitáchedes á natureza e fixéchede bonitos murais. Mirade que artistas!

    MEMORIA 4º EDUCACIÓN PRIMARIA

    Menudas e menudos exploradores están feitos estes nenos e nenas de 4º de primaria. Parece que viaxaron por todo o planeta Terra para atopar os datos que necesitaban para facer a súa investigación. Aquí podedes ver o proceso que seguiron.

    MEMORIA EDUCACIÓN INFANTIL

    En infantil investigaron e traballaron moitísimo para coñecer mellor o noso planeta. Contaron incluso coa colaboración dunha experta en vulcanóloga... aquí podedes velo.

    MEMORIA 6º EDUCACIÓN PRIMARIA

    O alumnado de sexto decidiu investigar sobre distintos aspectos do noso planeta e adicaron cada trimestre a distintos ámbitos. Escolleron as seguintes temáticas: A Terra física, A Terra viva e Unha Terra para coidar. Aquí podedes ver un resumo do seu traballo. Noraboa!

    MEMORIA 2º EDUCACIÓN PRIMARIA

    Os nenos e nenas de segundo quixeron saber que pegadas deixaba a auga na terra e nas súas paisaxes. Atoparon o seu rastro tanto na natureza como na lingua.

    MEMORIA 1º EDUCACIÓN PRIMARIA

    Aquí podedes ver un pequeno resumo do proxecto realizado entre todas e todos en primeiro.

    DEBUXANDO A NATUREZA

    Hoxe tivemos un obradoiro de debuxo e aprendemos moito da man do pintor e ilustrador SUSO CUBEIRO, que xa nos visitara en anteriores ocasións.

    El fai que debuxar pareza fácil e con poucos trazos é quen de transmitir moitas emocións. O obradoiro "Debuxando a natureza" serviunos tamén para aprender o nome de moitos paxaros que non coñeciamos.

    XA TEMOS CASIÑA:

    Os nenos e nenas de 1ºA leron na clase o conto "Nada de nada". E agora queren, ao igual que o protagonista do conto, que os paxaros veñan a Betanzos e cantos máis mellor. Por iso, pedíronlles ás familias que nos axudaran a facer casiñas e comedeiros de paxaros. Entre as familias, o papá de Marta, ofreceuse a facernos unhas casetas de paxaros e un comedeiro.

    Quedamos tan contentos que pensamos que agora só lles falta un bebedeiro para refrescarse. Esperamos de novo a súa visita.

    PRODUTOS DA TERRA

    Os rapaces e as rapazas do cole levamos todo o curso traballando na horta: sachando, plantando, regando,... e despois de moito esperar chegou o momento de recolectar. Agora temos chícharos, leitugas, acelgas, tirabeques, patacas, repolos....

    Pero o mellor de todo é poder compartir os nosos froitos con outras persoas. Por iso, nenos e nenas fixeron entrega dunha caixa con produtos 100% ecolóxicos e recollidos por eles mesmos, á Cruz Vermella, para o desfrute daquelas persoas que o necesiten. Agardamos que sexan do seu agrado e que poidamos seguir colaborando con eles.

    PARQUE EÓLICO DE SOTAVENTO

    Alumnado de 6º de primaria achegouse ao parque eólico de Sotavento, no Concello de Xermade, provincia de Lugo, concretameente na Serra da Loba, onde a fundación Sotavento Galicia converteuse, nos últimos anos, nun referente na divulgación e educación enerxética.

    Aprendimos sobre o respecto polo medio ambiente, coñecidmos fontes de enerxía renovables, vimos como apostar pola eficiencia enerxética e reflexionamos sobre como optimizar os elementos que a diario conviven con nós.

    Todo o necesario para coidar a nosas Terra!

    ARTE NA PRAIA

    As nenas e nenos de 3º de primaria visitaron, cos seus profes, a Praida da Ponte do Porco. Alí, o betanceiro Francisco Martínez "Pin" ensinoulles como recoller residuos e transformalos en arte. A rapazada estivo a recoller material para, despis na clase, crear as súas obras de arte. Tamén aproveitaron para recoller o lixo que atoparon na praia.

    CÓMEME. BÉBEME. ÚSAME

    O alumnado de 5ºE están de noraboa. A natureza compensa a súa paciencia e bo facer co enreizamento do romeu e da citronela.

    Dende o inicio de curso levan argallando un proxecto sobre diferentes especies vexetais da terra que se dan na nosa zona, investigando e aprendendo sobre as súas características e posibles usos para solucionar problemas cotiás de forma natural.

    Unha aventura que comezou coa plantación do romeu como planta insecticida e que neste momento conta con 5 especies (romeu, ruda, melisa, ourego, tomiño e herbaboa) e o estudo dos seus usos e beneficios.

    INSTRUMENTOS CON MATERIAL DE REFUGALLO:

    Na clase de Música da profe Cris, e inspirados pola Vienna Vegetable Orquestra e a Orquestra ReuSónica, as nenas e nenos de 3º de Educación Primaria fixeron estes instrumentos tan chulos. Botádelle unha ollada!

    VISITA AO AQUARIUM DA CORUÑA:

    A rapazada de infantil visitou o Aquarium da Coruña. Alí aparenderon un montón de cousas sobre o mundo mariño.

    COIDAMOS A TERRA:

    Celebramos o día mundial do medio ambiente porque, aló polo ano 1975, organizouse en Belgrado un Seminario no que participaron máis de 70 países. Nesta reunión propuxéronse como meta a de formar á poboación mundial para que se preocupase polo medio ambiente. No noso cole contamos coa inestimable axuda de Mero, que nos ensina a coidar da horta, a reciclar, a facer compostaxe, a coidar do invernadoiro e das plantas ornamentais do patio, das clases e da biblioteca. Mero e, sen dúbida, un gran experto.

    E como mostra do ben que coidamos o medio ambiente, aquí temos ao alumnado de 5ºE, que se animou a mandar unha foto na que limpan o patio. Atoparon demasiados residuos, non credes? Temos que estar máis atentos e intentar que as nosas pistas estean sempre limpas. Entre todos e todas, se dúbida, conseguirémolo!

    Ademáis, no mes de xaneiro intaláronse nalgúns puntos do patio distintos colectores de lixo. Así podemos reciclar os restos das nosas merendas.

    EXPLORANDO OS LÍMITES DA TERRA:

    A vida dos exploradores e das exploradoras está chea de emocións, perigos e aventuras. Hai que ser  unha persoa decidida e traballadora  para descubrir cidades perdidas na xungla, enfrentarse ás xeadas terras da Antártida ou rastrear especies descoñecidas. Descobre a nova aventura na que se sumerxe o alumnado de 4º de Educación Primaria.

    COS PÉS NA TERRA:

    A pasada semana as nenas e os nenos de primeiro recibiron unha carta onde LEO propúxolles aceptar un reto que aceptaron con moita ilusión. Agora, para cumprir co seu compromiso, teñen que escribir un libro sobre a TERRA, esa cousiña marrón que non paramos de pisar pero que tanto nos dá. Ánimo compañeiros e compañeiras de primero! Vós podedes con todo!

    A TERRA FALA: Os volcáns

    O alumnado de infantil está a investigar sobre os volcáns e por iso buscaron axuda da man dunha experta,  ALICIA  FELPETO, VULCANÓLOGA GALEGA, quen lles axudou a entender a actualidade informativa co que está a acontecer no volcán da illa de La Palma, que entrou en erupción.

    MENSAXE SORPRESA

    Hoxe recibimos unha mensaxe sorprendente. Mira, mira...

    A TERRA FALA: Érase unha vez...

    ... un planeta marabilloso, tan marabilloso que mercamos moitos libros que falan del e que nos axudan a conocelo mellor. Nesta exposición podes ver parte deles.

    A ORIXE DO NOSO PLANETA

    Se vos apetece investigar sobre a orixe do noso planeta, aquí tedes unha fonte de informarción en forma de documental.

    BIBLIOFEIRA: ESPECIAL PDI "A TERRA"

    Animados a ler, a indagar e investigar sobre A Terra? Aquí tedes unha escolma de libros que vos axudarán a entender mellor como é a vida no noso planeta. De seguro que vos sorprenderán!

    PRESENTACIÓN DO PROXECTO

    Comezamos un novo curso e o equipo de biblioteca acaba de prensentarnos o proxecto documental integrado que realizaremos este curso escolar.

    Activities: 0
  • VENRES DE HISTORIAS

    A POUSADA

    Unha historia con truco... para este VENRES DE HISTORIAS, é a que nos traen Claudia e Ángel de 4ºB.

    A MANCHAS OU A RAIAS?

    Esta semana os rapaces de 4ºB comparten con todos a historia A MANCHAS OU A RAIAS? de Estefanía Palullés. 

    Un relato moi actual e vixente que nos fai reflexionar onde poñer o noso FOCO

    Vós onde o poñedes, no que vos une ós demáis ou nos que vos separa?

    ÉRANSE DÚAS VECES A RATIÑA PRESUMIDA

    Este VENRES DE HISTORIAS asomáremonos a unha nova versión do conto da Ratiña Presumida de Charles Perrault da man de Emna e Alejandra  de 6º E. Elas achégannos ÉRANSE DÚAS VECES A RATIÑA PRESUMIDA de Pablo Macías Alba, Belén Gaudes Terra, Nacho de Marcos Escriña (ilustrador) e ADAPTA (tradutor).
    PARABÉNS polo voso traballo e grazas porcompartir HISTORIAS con todos.

    O LOBO CON BOTAS

    Neste VENRES DE HISTORIAS, de novo, as rapazas e rapaces de 4ºD comparten con nós unha interpretación do libro "O lobo con botas" escrito por El Hematocríticio e ilustrado por Alberto Vázquez.

    AXENTE RICIÑOS

    Neste primeiro VENRES DE HISORIAS do ano, Aloia, Zoe, Claudia, Sofía, Alba, Jara, Clara, Adriana e Obdulia de 4ºD; achégannos unha representación fantástica de "Axente Riciños" libro escrito por Hematocrítico e ilustrado por Alberto Vázquez.

    O GALO TRAGANOCES

    Grazas á rapazada de 1ºB podedes escoitar e ver unha adaptación con pictogramas do conto "O galo traganoces" de Roberto Mezquita e Bernardo Carvalho. De seguro que vos vai encantar.

    O OSO E O PIANO

    Continúan os VENRES DE HISORIAS cunha fermosa historia de amizade titulada O OSO E O PIANO de David Litchfield. Caluda e Moisés de 4ºB así o comparten con todos nós.

    TÍO LOBO

    Están de volta os VENRES DE HISTORIAS!! 

    Por riba de virus, grupos burbulla, normas, distancias e protocolos están as gañas de estar xuntos e compartir contos e historias.

    Comezamos coa adaptación que XOSÉ BALLETEROS fixo do conto italiano  TIO LOBO,  que está publicado pola editorial KALANDRAKA e que podedes atopar na biblioteca. 

    ADRIANA E LOLA de 6ºB fan, para todos nós, unha fantástica e nova interpretación.

    Grazas polo voso traballo!!!

    Activities: 0
  • O VALES FALA

    ENTREVISTA: POLICÍA MUNICIPAL

    O alumnado de 6ºA entrevistou á policía municipal, que veu ao centro a realizar un curso de educación vial.

    ENTREVISTA: JOSÉ ALONSO

    Despois da lectura do conto "Nada de nada", na clase de 1ºA decidiron que querían ver moitos paxaros no noso patio. Pensaron que sería boa idea invitalos cun comedeiro, así que pediron axuda ás familias.

    José Alonso, o pai de Marta, ofreceuse a vir ao cole e facer non só un comedeiro, senón tamén dúas casetas para paxaros. Agora só queda ter paciencia e agardar a que os pardais se acheguen a comer.

    O alumnado de 1ºA aproveitou a súa visita para facerlle unha entrevista, contando coa axuda técnica do alumnado de 5ºA e 6ªD. Aquí tedes o resultado.

    ENTREVISTA: MIGUEL LÓPEZ "O HEMATOCRÍTICO"

    Entrevista ao autor Miguel López "O Hematocrítico".

    ENTREVISTA: ANTÍA OTERO

    O alumnado de 4ºB entrevista a poetisa Antía Otero.

    PODCAST: FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN

    O alumnado de 5ºA elaborou este podcast sobre o autor homenaxeado polas letras galegas deste ano, escoitade que chulada!

    ENTREVISTA: RAQUEL QUEIZÁS

    Hoxe Raquel Queizás veu a presentarnos o seu novo traballo para homenaxear a Florencio Delgado Gurriarán e prestouse a que lle fixeramos esta fabulosa entrevista. Grazas, Raquel!

    DÍGOCHO EU

    Estamos de noraboa! O alumnado de sexto presentou unha proposta para participar no concurso do Dígocho Eu e fomos seleccionados.

    Recibimos a visita do equipo de programa e gravamos un capítulo do Dígocho Eu con Esther Estévez. Este foi o resultado final.

    Pero non só iso, senón que tamén se prestaron para que lles fixeramos unha entrevista na nosa nova radio. Escoitade o  ben que o pasamos!

    Pero aquí non rematou esta aventura, senón que tamén fomos a entrega de premios que organizou o programa. Mirade que ben o pasamos!

    ENTREVISTA: ALCALDESA DE BETANZOS

    Para conmemorar o 8 de marzo "Día Internacional da Muller" o alumnado de 5º realizou unha entrevista á señora alcaldesa de Betanzos María Barral.

     Comezamos así a aventura da nosa radio escolar.

    O TEMPO ATMOSFÉRICO: XANEIRO

    Así nos conta Emma como foi o tempo armosférico no mes de Xaneiro.

    REFORMAMOS A BIBLIOTECA E COMENTAMOS A SÚA HISTORIA

    Na Biblioteca Vales de Leo e Mariña houbo moitos cambios. Por iso quixemos facer un percorrido polo traballo realizado dende os seus inicios. Seguro que moitos de vós recordades como era antes a biblioteca...

    Mais agora, hai diferentes novidades no mobiliario e a súa distribución e moitas, moitísimas novidades no fondo de libros. Os colaboradores e colaboradoras de 6º preséntanvos neste vídeo os diferentes recunchos da nosa nova BIBLIOTECA de primaria. Ao final do vídeo poderás escoitar o RAP DA BIBLIOTECA que fixeron hai anos outros colaboradores e outras colaboradoras.

    E non vos perdades que ben quedou a BIBLIOTECA de infantil. Aquí tendes aos vosos compañeiros e compañeiras presentándoa. FIXÉRONO DE MARABILLA!

    BO NADAL!

    O alumnado de 5ºE cantou con ilusión para desexarnos un bo Nadal!

    CONTO "O GALO TRAGANOCES"

    Grazas á rapazada de 1ºB podedes escoitar e ver unha adaptación con pictogramas do conto O GALO TRAGANOCES, de Roberto Mezquita e Bernardo Carvalho. De seguro que vos vai encantar!

    O TEMPO ATMOSFÉRICO: NOVEMBRO

    O tempo no mes de novembro contado polas nenas e nenos de 1º.

    QUE PERSONAXE CHE GUSTARÍA SER?

    O alumnado de 5ºE fálanos sobre que personaxe lles gustaría ser.

    O TEMPO ATMOSFÉRICO: OUTUBRO

     Ó longo do mes de outubro, as nenas e nenos de 1º recollemos diariamente o tempo atmosférico en Betanzos e, o finalizar o mes, elaboramos unha gráfica con todos os datos. Esta é a nosa primeira gráfica e o noso primeiro video, iremos mellorando!!.

    ABRIMOS A BIBLIOTECA DE LEO E MARIÑA

    Que ganas tiñamos de poder abrir as portas da biblioteca de Leo e Mariña! Este momento xa chegou e o profesorado pode reservar quenda para visitala. Veredes que está moi bonita e que é moi agradable estar nela.

    Cando veñades, tedes que seguir o Protocolo COVID e só vos queda gozar da lectura, da escritura e da vosa creativade.

    Se aínda non estades animados, escoitade aos vosos compañeiros e compañeiras de 5ºE,

    Activities: 0
  • BIBLOFEIRAS

    BIBLOFEIRA 16 DE MAIO:

    BIBLOFEIRA 16 ABRIL:

    O mes de abril é moi especial porque nel se dan dúas celebracións . O día 2 foi o Día Internacional do Libro Infantil e o día 23 será o Día Mundial do Libro e dos dereitos de Autoría. 

    Para celebralo, tendes á vosa disposición os libros que a  ANPA do cole mercou para a biblioteca. 

    MOITÍSIMAS GRAZAS  FAMILIAS !

    BIBLOFEIRA 1 DE ABRIL:

    Comezamos mes amosándovos  as exposicións dos últimos días de marzo. Tendes unha chea de libros de teatro, música e poesía para escoller. Cal ides levar? 

    BIBLOFEIRA 16 DE MARZO:

    A BIBLOFEIRA deste 16 de marzo vai adicado a todas as FAMILIAS: diversas e únicas, cos seus problemas e as súas alegrías, pero que son o núcleo da nosa sociedade e, en especial, a unha figura que forma parte delas, dunha maneira ou otra, o PAI

    BIBLIOFEIRA 1 DE MARZO:

    Cada 8 de marzo conmemórase o Día Internacional da Muller.  Leo e Mariña convídanvos a reflexionar acerca dos avances logrados e, por iso, preparamos unha Biblofeira cunha chea de libros que nos contan a historia de mulleres valentes que, coa súa determinación,  xogaron un papel clave na historia dos seus países e comunidades.

    BIBLOFEIRA 16 DE FEBREIRO:

    Unha terra, un pobo, unha fala. A TERRA GALEGA FALA.

    BIBLOFEIRA 1 DE FEBREIRO:

    Cada 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelo, celébrase o Día da ilustración. Por iso, hoxe, adicamos a bibliofeira aos albúns ilustrados, unhas pequenas xoias onde o traballo de ilustradores e ilustradoras enriquece e dá sentido ás palabras.

    BIBLOFEIRA 15 DE XANEIRO:

    Que tal unha viaxe polos libros que falan de PAZ? Na bibliioteca tedes unha chea de libros que nos contan historias de amor, de axuda ás demais persoas, de entrega ás causas que son xustas por riba da seguridade persoal...

    E como non, tamén hai obras que nos amosan as historias terribles de persoas que teñen que fuxir da guerra, que teñen que abandonar aos seus na busca dun mundo mellor.

    Cal é o teu preferido?

    BIBLOFEIRA 15 DECEMBRO:

    De seguro que tedes moitísimas ganas de que cheguen as vacacións de Nadal, non si? Ademais é un momento estupendo para gozar da comapañía da familia, das amizades e dos libros.

    Que libros escoller? Tes que atopar un libro que che faga pasalo ben mentras les, que che faga sentir e imaxinar, que che guste tanto que llo teñas que contar a alguén.

    Pero... por se non se che ocorre nada, aquí che deixamos a Bibliofeira do Nadal.

    BIBLOFEIRA 1 DECEMBRO:

    A nosa vida é mellor cando a compartimos e gozamos respectando á diversidade. Na biblioteca atoparedes moitos libros que nos falan das distintas capacidades que temos as persoas e de como superar as dificultades que nos van xurdindo. Presentamos a Biblioferia sobre a diversidade funcional.

    BIBLOFEIRA 15 DE NOVEMBRO:

    Aquí vos deixamos unha excusa perfecta para ir á nosa Biblioteca Vales de Leo e Mariña. Presentemamos a Biblioferia da ciencia.

    BIBLOFEIRA 1 DE NOVEMBRO:

    Celebramos o Samaín cos mellores libros de medo e, tamén, con aquels que nos axudan a superalos.


    BIBLOFEIRA 16 DE OUTUBRO

    Animados e animadas, para ler, indagar e investigar sobre A Terra? Aquí tedes a Bibliofeira da Terra.

    Activities: 0
  • O XOGO DE NANO

    Hoxe, Raquel Queizás, daralles a bendida ao alumnado de Infantil nun novo curso presentándolles a Nano.

    Nano é unha ra pequena, unha ra que vive cada día unha nova aventura, porque cando se é tan pequeno ata as cousas máis sinxelas se converten en todo un reto.

    Nano recibe unha visita moi especial o día do seu aniversario. Está todo preparado: a torta, as candeas, os globos. Só faltan os amigos, a que xogarán? Ao rematar terá que se bañar e descubrirá o divertido que é coñecer o nome das partes do seu corpo ao ritmo da música.

    Activities: 0
  • O OUTONO EN GALICIA

    OBRADOIRO DE CALACÚS E CARTONAXE:

    Chega o día de Defuntos e en todas as partes comezamos a ver cabazas que representan caras aterradoras. Antigamente, era habitual por Defuntos coller cabazas, tallarlles unhas caras feroces, poñerlles uns pauciños coma dentes e deixalas nos camiños para asustar aos viandantes. Neste obradoiro aprenderemos a decorar cabazas de cartón fomentando en valores á sostenibillidade, a reciclaxe e a reutilización.

    SEMANA DO SAMAÍN NO VALES

    Durante esta semana preparamos o cole para a festa do Samaín cunha variedade de actividades. Aquí vos deixamos unha mostra do que estivemos a hacer.

    NO SAMAÍN COCIÑAMOS DE MEDO!

    O alumnado de 5ºE inspirouse en "Escarlatina, a cociñeira defunta" para preparar uns pratos ben saborosos. 

    CASTAÑAS E BAILARATES

    Nestas semanas, tempo de xogos e castañas, estivemos moi entretidos tanto en Infantil coma en Primaria. Botádelle unha ollada aos vídeos.

     

    VENDIMAMOS NO COLE

    A rapazada de 1º de Educación Primaria non quere perder ningunha tradición da Comarca. Mira que ben o pasaron.

    PALABRIÑAS DA NOSA TERRA: O OUTONO

    Aquí vos deixamos o noso propio #DígochoEu con palabras do outono.


    RECURSOS:


    Activities: 0
  • DÍA DAS ESCRITORAS

    O DÍA DAS ESCRITORAS reivindica o legado das escritoras a través da historia. Este ano, celébrase o día 15  baixo o lema:

    "LER AS IDADES DA VIDA"

    Con motivo desta celebración queremos compartir con vós estes breves relatos de escritoras galegas: DÍA DAS ESCRITORAS 2021.

    Así mesmo, este ano queremos aproveitar esta data para homenaxear a EMILIA PARDO BAZÁN, posto que o pasado 12 de maio cumpríronse 100 anos da morte desta escritora galega, considerada por moitos como a mellor novelista española do século XIX.

    Así mesmo, tamén vos queremos achegar este vídeo dunha das vosas escritoras favoritas. Aquí tedes a LEDICIA COSTAS.

    Activities: 0
  • CIENTÍFICA GALEGA DO ANO: JIMENA FERNÁNDEZ DE LA VEGA

    A homenaxeada este ano 2021 no Día da Ciencia en Galicia foi a xinetista JIMENA FERNÁNDEZ DE LA VEGA. Aquí vos deixámos algúns recursos para dala a coñecer nas aulas.

    BIBLIOFEIRA DA CIENCIA

    Realizamos a Biblofeira celebrando od Mes da Ciencia en galego nas bibliotecas da man de Amparo Alonso Betanzos, profesora, enxeñeira química e investigadora en intelixencia artificial. 

    A autora salienta que "... a ciencia é o piar do benestar social e económico, o coñecemento xera persoas e sociedades máis libres e críticas e as bibliotecas son, en parte, as gardas dese coñecemento. Que máis necesitamos para gozalas?." 

    Aquí tendes  unha excusa perfecta para ir á nosa Biblioteca Vales de Leo e Mariña. Mirade que Biblofeira !!!

    MULLERES CIENTÍFICAS

    Grazas a este padlet deseñados por alumnado de 2º da ESO do IES Antonio Fraguas de Santiago de Compostela poderedes coñecer, a través dunha liña do tempo, a figura e a traxectoria de distintas mulleres científicas.


    Hecho con Padlet

    MULLERES PIONERIAS DA TECNOLOXÍA

    Con esta presentación o IES San Clemente de Santiago de Compostela quixo visibilizar estas 18 mulleres pioneiras da tecnoloxía e que, a pesar de seren pouco coñecidas, fixeron importantísimas achegas á innovación tecnolóxica actual.

    Activities: 0
  • Celebramos o DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO sendo moi reflexivos e reflexivas. Compartimos a visión sobre a igualdade que aparecen nalgúns contos? Seguramente atopaches estereotipos que non se axustan á túa realidade habitual. Tes que ter en conta cando foron escritos e como eran as persoas ás que ían dirixidos. Aquí tendes algunhas opinións de nenas e nenos. Que opinas ti?

    Os compañeiros e as compañeiras de 5ºE elixiron que personaxes querían ser!

    Así mesmo, o Concello achegounos unha proposta avalada pola Deputación Provincial. Sabela King e Carlos Gil interpretan composicións de produción propia que achegan á rapazada ritmos brasileiros, blues ou rock&roll ao tempo que nos falan de relacións afectivas sas, de igualdade ou da importancia de rachar cos estereotipos sexistas.

    E por último, non deixedes de ver estas curtas que tamén nos axudan a valorar as nenas e as mulleres.

    Activities: 0
  • O NADAL

    O APALPADOR E A NENA SEN MEDO

    A Xanela do Maxín ven de visita ao Vales para traernos un espectáculo moi especial neste Nadal. Agardamos que vos guste.

    O Apalpador trae cada ano desde o Courel castañas, presentes e aquilo que non temos. Por iso a Nena se medo lle escribiu unha carta moi especial, pedíndolle o que a ela lle faltaba, o seu desexo: palabras para encher o corazón e coas que poder voar en soños. Palabras en galego.

    RESUMO ACTIVIDADES

    BO NADAL!

    O alumnado de 5ºE cantaron con ilusión para desexarnos un bo Nadal.

    RETO SUPERADO: POR UN NADAL EN VERDE

    Botellas, corchos, cartón, cápsulas do café, CDs, ... pero sobre todo moita imaxinación fixeron posible que nas aulas celebremos o Nadal pensando en verde. Que adornos tan xeitosos puidemos ver. 

    Nalgunhas aulas cada un fixo o seu, noutras vannos compartir, pero todos disfrutamos das vosas creacións.

    Moitas grazas aos nenos/as e as súas familias.

    UN NADAL DE ESTRELAS

    Este Nadal a rapazada demostrou ter estrela. Adornaron a árbore de nadal do colexio cos seus "LIBROS ESTRELAS" e fixeron uns libriños cheos de recomendacións.

    MERO TEN UN RETO PARA TI

    Mero quere rematar o ano coidando do planeta, pero necesita a túa axuda. O reto consiste en crear adornos de Nadal a partir de materiais de refugallo. Podes facer adornos para intercambiar despois por outros dos teus compañeiros/as ou ben adornos que decoren o noso patio. Anímate e trae o teu adorno!

    Activities: 0
  • DÍA DA PAZ

    MINUTO DE SILENCIO NO VALES POR TODOS OS LUGARES NOS QUE NON HAI PAZ:

    Activities: 0
  • ENTROIDO

    IMOS DE ENTROIDO CON ROSALÍA

    O luns comezamos a semana de Entroido no Vales. Prepara todo o que precises, pasarémolo xenial!

    Se queres saber o que tes que facer, a Rosalía debes ler.


    Activities: 0
  • ROSALÍA DE CASTRO

    FIGUEIRIÑAS QUE EU PRANTEI

    Hoxe tivemos o pracer de gozar do espectáculo "Figueiriñas que eu prantei" dirixida "Polo correo do vento". Aprendimos moito sobre Rosalía de Castro e pasámolo xenial debuxando a súa caricatura. Pedazo de artistas temos no Vales.

    ROSALÍA DE CASTRO: UNHA ESTRELA

    A Fundación Rosalía de Castro convocou  a diversas entidades culturais e educativas relacionadas co Día de Rosalía para acordaren que as celebracións deste aniversario pasen a ter lugar desde este 2022 o día 23 de febreiro e non o 24 como acontecía ata agora, logo do recente descubrimento por parte da investigadora Sagrario Abelleira que corrixiu a data de nacemento da autora. 

    Activities: 0
  • DÍA DA MULLER

    TRABALLOS 8M

    SOMOS IGUAIS. CONTOS POLA IGUALDADE.

    Grazas á colaboración do Conello, as rapazas e os rapaces de infantil tiveron a sorte de contar coa presenza de RAQUEL QUEIZÁS. Ela presentou o seu espectáculo "SOMOS IGUAIS. CONTOS POLA IGUALDADE"

    Activities: 0
  • VAIA CABUXIÑO!

    As nenas e nenos de 1º gozaron coa narración da historia escrita por Hematrocrítico, VAIA CABUXIÑO! da man de BENJAMÍN, que ademáis os agasallou cunha ilustración personalizada.

    Activities: 0
  • DÍA DA POESÍA

    No Vales celebramos o día da poesía da man dunha das mellores poetisas que ten a nosa terra, ANTÍA OTERO.

    Con ela fixemos lectuas compartidas de poemas, analizámolos e falamos sobre o mundo da poesía. Grazas por todo, Antía.

    Activities: 0
  • SEMANA DO LIBRO

    UN LIBRO É...

    Despois de visitar a biblioteca e ver a biblofeira preparamos para celebrar o día mundial do libro e dos dereitos de autoría, moitos e moitas de vós levaste un libro e, despois, tiveste moito que dicir sobro que é para vós un libro.

    Activities: 0
  • LETRAS GALEGAS

    CELEBRANDO AS LETRAS GALEGAS

    Que ben o pasamos este ano celebrando o noso día, o das LETRAS GALEGAS!

    Tivemos tempo de escoitar a vida de FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN da man da polifacética artista Raquel Queizás, investigamos na biblioteca sobre o escritor, participamos nunha rolda de preguntas, escribimos, emitimos un podcast e ata bailamos con moita ilusión a canción "TERRA" do grupo Tanxugueiras, gozamos do concerto de Pablo Díaz e moitas cousas máis...

    Gozamos coas nosas letras!

    FLORENCIO NAS ONDAS

    Grazas a colaboración do Concello, tivemos a honra de ver a nova estrea de Raquel Queizás que nos mergullou na vida de Florencio Delgado Gurriarán, autor homenaxeado nas letras Galegas.

    Foron unhas mañáns deliciciosas nas que aprendemos tamén sobre as súas obras e as condicións históricas nas que escribiu. Coma sempre, GRAZAS POR TODO, RAQUEL!

    CONCERTO PABLO DÍAZ

    No Vales estamos de festa, e todas as festas amenízanse con música. Por iso, ao longo destes días contaremos coa presencia de Pablo Díaz e a súa música que nos fará bailar a todos.

    A pasalo ben!

    PODCAST: FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN

    O alumnado de 5ºA elaborou este podcast sobre o autor homenaxeado polas letras galegas deste ano, escoitade que chulada!

    LETRAS NA PRIMAVERA

    As nenas e nenos de 1º están a ter unha PRIMAVERA chea de LETRAS, PALABRAS, HISTORIAS e CONTOS. Mirade ben!

    Activities: 0
  • COÑECE O TEU CASCO

    O Concello de Betanzos presentou, hai uns días, este xgo para dar a coñecer o patrimonio histórico e cultural betanceiro entre os máis pequenos! Rapazada de 3º e 5º de Primaria xogaron con Elena, persoal de Turismo do Concello. Pasárono xenial aprendendo!

    Activities: 0
  • Grazas á colaboración entre o cole e a FAXPXA, as nenas e nenos de ifantil tiveronn a sorte de gozar dunhas xornadas de Contacontos en Lingua de Signos. A actividade consistiu en dous contos: "Brancaneves" e "Ra de 3 ollos", contados en LSE e traducidos á lingua oral por un intérprete de LSE. Os e as peque aprenderon, ademais, signos relacionados con eses contos.

    Ademais, as compañeiras de infantil, Irene e Ana, visitaron algunhas clases de Primaria para explicarlles aos nenos e ás nenas en que consiste a lingua de signos. Por medio de divertidos xogos aprenderon algúns signos para poder comunicarse coas persoas xordas.

    Activities: 0
  • O HEMATOCRÍTICO

    No Vales andamos de sorte porque ultimamente poidemos coñecer a varios escritores e escritoras que nos encantan, dos que aprendemos e lemos moito. Hoxe tivemos o placer de coñecer a "O HEMATOCRÍTICO".

    Contounos como se iniciou nisto de escribir, asinousos as súas obras e prestouse a que o alumnado lle fixera unha entrevista para a nosa radio. Grazas por todo!

    Activities: 0
  • Paula Carballeira

    Hoxe tivemos a sorte de poder contar cunhas das nosas escritoras favoritas, PAULA CARBALLEIRA. Ela explicounos como se inspirou para escribir o libro: Bruxa e familia.

    Activities: 0
  • Pincha na imaxe e verás os traballos de programación que fixemos este curso. Anímate a xogar e a crear.

    Activities: 0
  • OCIO E CULTURA

    AXENDA CULTUAL DO CONCELLO

    A axenda cultural do Concello inclúe unha actividade feita polos compañeiros e compañeiras de terceiro enmarcada no traballo de investigación do PDI "A TERRA" e que leva por título "O que o mar non quere levar".

    Noraboa pola exposición e polo traballo! Animádevos a visitala e a sacar as vosas propias conclusións.

    PROGRAMACIÓN DA AULA CEMIT

    Aquí vos achegamos a programación da Aula CeMIT por se é do voso interese.

    AS NOSAS LETRAS

    O Concello de Betanzos inicia o programa das Letras Galegas do ano 2022 co espectáculo de maxia "As nosas letras" do Mago Teto que terá lugar o vindeiro sábado 7 de maio ás 18:00 h na Aula Municipal de Cultura Xulio Cuns dentro do programa Lingua a escena da Rede cultural da Deputación da Coruña e programa das Letras Galegas.

    O Mago Teto levará a escena a recomposición das cantigas de Afonso X, descubrirá unha incrible espada enmeigada de Merlín e Familia, o espírito do mestre Castelao fará aparecer un dos seus debuxos no espectáculo, e fará unha adiviñación semántica con obras de Risco, Rosalía e Blanco Amor.

    O espectáculo está destinado para público familiar e a entrada é gratuíta por orde de chegada e ata completar a capacidade, a súa duración son 55 minutos e poden asistir ata dúas persoas adultas con cada neno ou nena.

    DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

    ESPECTÁCULO "CIENCIA QUE ALIMENTA" COA COMPAÑÍA ROTO E DESCOSIDA O MUNCYT CORUÑA

    Un mestre, unha aspirante a mestra e unha despensa...unha experiencia culinaria que deixará abraiado a calquera. O obxectivo do espectáculo é acercar aos nenos e nenas á experimentación científica dunha forma orixinal e lúdica, coa proposta de acabar co "Efecto Matilda" , un prexuicio en contra de recoñecer os logros das mulleres científicas que se porá de manifesto nesta obra.
     
    Este espectáculo utiliza unha forma de comunicación non verbal axeitada para a inclusión de persoas con discapacidade auditiva e emprega os sentidos como o olfacto, o tacto e a vista.

    Se vos interesa , tede en conta estes datos:

    Sábado 12 de febreiro ás 12:30 horas. Duración aproximada 45 min.

    Público familiar (menores de 6 a 12 años acompañados dun adulto) con reserva previa a través do correo electrónico: reservascor@muncyt.es e no teléfono 689 578 727. Datos de contacto: nome dos participantes e responsables, email  e número de teléfono.

    NOVAS E DIVERTIDAS ACTIVIDADES NO MUNCYT

    Deixámosvos un enlace para que poidades saber que propostas nos ofrece o MUNCYT de A Coruña para este mes de febreiro. De seguro que xa estades pensando en apuntarvos a algunha. Animádevos!

    XII ENCONTRO DE TEATRO AFECCIONADO

    A Agrupación Teatral Mariñán e o Concello de Betanzos comprácense en presentar o XIII Encontro de Teatro Afeccionado de Betanzos.

    As representacións serán de acceso gratuíto e terán lugar na Aula de Cultura Xulio Cuns todos os sábados de febreiro ás 20:00.

    PREMIOS DO V CONCURSO O OLLO DE VIDRO

    Nesta edición do concurso O ollo de Vidro, organizado pola EOI de Vigo, o IES Castelao, IES Pino Manso do Porriño e que conta coa colaboración da SXPL, participaron máis de 30 proxectos audiovisuais, desde escolares a profesionais con diferentes formatos. Os 10 finalistas foron proxectados no Festival de Cans.

    XESÚS FRAGA XA É PREMIO NACIONAL DE NARRATIVA. PARABÉNS!

    Xesús Fraga, exalumno do noso cole, gañou o Premio Nacional de Narrativa coa súa obra  " Virtudes  (e misterios )" , unha novela escrita en galego. Nela conta a historia da súa familia, otorgango un papel protagonista ás mulleres, especialmente á súa avoa e á súa nai. 

    A temática da emigración é esencial no libro e nos fai reflexionar non só sobre a súa vertente socioeconómica, senón tamén no relativo ao que supón de enriquecemento persoal.

    Nós tivemos a sorte de contar, hai xa algún tempo, coa presenza de Xesús na nosa Biblioteca e contounos que foi precisamente no noso cole onde se deu conta de que alguén tiña que escribir esas historias que lle gustaba tanto ler. 

    Aquí tamén escribiu a súa primeira historia, na clase de galego, titulada " O meu primeiro suspenso", un relato que contou con tanto realismo que o mestre pensou que se trataba dunha vivenza persoal.

    Xesús  tamén nos dixo que as historias xurden da vida e que por iso sempre leva unha libretiña onde apuntar as que se lle ocorren. De seguro que xa ten novas anotacións que darán lugar a outra obra estupenda. Parabéns !!!

    DÍA DO LECTOR EN HOMENAXE A XOSÉ NEIRA VILAS

    No Calendario do Libro e a Lectura 2021 aparece, por primeira vez, o 3 de novembro como Día do Lector/a, coincidindo co nacemento de Neira Vilas.

    O noso cole tivo a grandísima sorte de contar coa presencia do autor antes de que el morrese e queremos celebrar este día recuperando esta visita inesquecible. 

    EXPOSICIÓN SOBRE RICARDO CARVALHO CALERO EN BETANZOS

    A Deputación da Coruña e o Concello de Betanzos organizan esta exposición ao aire libre para difundir a figura de Ricardo Carvalho Calero logo de que no pasado ano 2020 non se puidesen levar a cabo todas as actividades previstas para a celebración das Letras Galegas pola situación da pandemia.

    A mostra, que consta de 13 paneis, percorre a vida e a traxectoria de Ricardo Carvalho Calero , desde o punto de vista vital e profesional do autor, desde o seu nacemento en Ferrol ata o peche co titulado "Mestre de Compromisos".

    SÁBADOS MIÚDOS: "CONTOS DO CHUPETE" de Migallas Teatro

    O Concello de Betanzos, dentro do seu programa de dinamización lingüística, organiza un novo contacontos de SÁBADOS MIÚDOS. Esta vez, da man de Migallas Teatro, presentan: "Contos do chupete".

    O contacontos está destinado a nenos e nenas de 4 anos e ten unha duración de 35 minutos.

    "Circo galaico" de Títeres Alakrán 

    O vindeiro sábado 2 de outubro ás 18:00 h na Aula Municipal de Cultura Xulio Cuns nunha sesión para público familiar terá lugar o espectáculo infantil "Circo galaico" de Títeres Alakrán no marco do programa de dinamización lingüística FalaRedes da Secretaría Xeral de Política Lingüística para a Rede de Dinamización Lingüística e en colaboración co Concello de Betanzos.

    Circo galaico é un espectáculo de monicreques dirixido a público familiar onde a maxia e o fantástico se mesturan co autóctono. Trátase dunha obra orixinal e divertida que conta co atractivo do circo e cuns protagonistas de excepción: os animais da fauna galega, representados en marionetas talladas en madeira. A duración do espectáculo é de 50 minutos e a entrada é gratuíta ata completar a capacidade da sala. Cada neno ou nena poderá asistir acompañada dunha persoa adulta.

    O espectáculo é conducido por un presentador que será o mestre de cerimonias de clásicos e insólitos números de circo. Un circo único onde a maxia e o fantástico se mesturan co autóctono, onde os artistas serán animais da fauna galega en liberdade. Con todos vostedes, e entre outros: Xaquín, o forzudo xabarín; Corvus, o corvo equilibrista, Pedriño, o raposo malabarista e a incrible cabra Ribelina! Sen esquecer clásicos do circo coma o pallaso Rolín.

    Activities: 0
  • CONCURSO DE REDACCIÓN "DÍA DA NAI"

     A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto (ACEBE CCA) convoca un concurso de redacción para escolares  "Día da nai 2022".

    Poderán participar os nenos e nenas de entre 6 e 12 anos e deberán entregar os seus escritos co lema        " HOXE ESCRIBO SOBRE A MIÑA NAI".

    As redaccións deberán ser orixinais e escritas en galego. O prazo estará aberto ata o 22 de abril de 2022.

    BASES DO CONCURSO

    CONCURSO DE REDACCIÓN "HOXE ESCRIBO SOBRE O MEU PAI"

    A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto (ACEBE CCA) convoca un concurso de redacción para nenos e nenas que teñan entre 6 e 12 anos.  Animádevos a participar e non esquezades remitir os vosos escritos co lema 

    " Hoxe escribo sobre o meu pai".

    BASES DO CONCURSO

    CONCURSO DE CARTEIS DO 8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

    A Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional e a Secretaría Xeral da Igualdade convocan conxuntamente o concurso para o deseño do cartel do día 8 de marzo co gallo da celebración do Día Internacional da Muller.

    O contido do cartel deberá transmitir unha mensaxe positiva sobre a participación activa das mulleres na sociedade e promover a loita contra as desigualdades de xénero.

     Categorías:

    1. Alumnado de infantil e 1º a 4º de primaria
    2. Alumnado de 5º e 6º de primaria, de 1º e 2º da ESO e de educación especial.
    3. Alumnado de 3º e 4º da ESO, de 1º e 2º de bacharelato, de FP Básica e de ciclos de grao medio e superior de formación profesional.

    Presentación das solicitudes: cada centro poderá presentar un traballo por categoría de participación.

    Prazo: ata o martes 22 de febreiro de 2022. Co fin de axilizar a recepción dos traballos, os centros deberán adiantar a proposta do traballo á Secretaría Xeral da Igualdade mediante o envío (cartel en formato PDF ou JPG e a información identificativa do anexo I (datos do alumnado e do Centro educativo) ao seguinte enderezo electrónico: concurso8m.igualdade@xunta.gal

    BASES DO CONCURSO

    5º CERTAME DE RECOLLA DAS IMAXES E PODCASTS DO PATRIMONIO INMATERIAL GALEGO-PORTUGUÉS

    O Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI) é o conxunto das expresións herdadas do pasado presentes nas vivencias das persoas que se encargaban de transmitilas ás seguintes xeracións. Coa aparición da fotografía, moitas desas expresións pasaron a ter unha realidade física e, dado que algunhas delas están mudando ou mesmo desaparecendo, a fotografía convértese nun instrumento eficaz para a evocación e conservación desas expresións. Desde principios do século XX, moitas foron as imaxes que se tomaron das expresións culturais espalladas ao longo da Eurorrexión Galicia e Norte de Portugal, converténdose en valioso testemuño do patrimonio común galego-portugués.

    A Asociación Ponte...nas ondas! promove a recuperación e posta en valor das fotografías para que poidan ser usadas no ámbito escolar, pola carga didáctica que atesouran, e para seren coñecidas polo público en xeral e contribuír así ao paso do ámbito analóxico ao entorno dixital. Unha das características que potencian a calidade desta actividade é que fai imprescindible a colaboración das familias do alumnado, o que fomenta a comunicación interxeracional, un dos obxectivos básicos na recuperación e espallamento do Patrimonio Cultural.

    BASES DO CERTAME

    IV CONCURSO DE CARTAS AOS REIS MAGOS

    O Concello de Betanzos organiza por cuarto ano o concurso de cartas aos Reis Magos. As cartas poderán depositarse entre o 1 e o 20 de decembro nas caixas de correo real que estarán na entrada do colexio. Os Reis Magos Responderán todas as cartas.

    CONVOCATORIA DO IV CERTAME DE PODCASTS EN GALEGO XOSÉ MOSQUERA PÉREX "O vello dos contos"

    Convócase o IV Certame de Podcasts en Galego Xosé Mosquera Pérez, o Vello dos Contos, organizado, coa colaboración da SXPL, polo IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, Arraianos Producións e o colectivo Ponte...nas Ondas!

    Poderá concorrer a estes premios o alumnado de 11 a 18 anos dos centros de ensino de educación primaria (de 6º curso) e doutros centros de ensino non universitario de Galicia e daqueles que imparten ensinanzas de réxime xeral cursadas fóra da Comunidade Autónoma. Así mesmo, poderá participar o alumnado da mesma idade das escolas do Norte de Portugal.

    Presentaranse podcasts orixinais e inéditos relacionados coa vida e obra e Florencio Delgado Gurriarán, o autor a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas este ano ou con outros aspectos do patrimonio cultural material e inmaterial de Galicia e do Norte de Portugal, cunha duración máxima de tres minutos.

    Establécense os seguintes premios:

    • Premio ao mellor traballo do alumnado de 5º e 6º cursos de primaria de Galicia e dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral fóra da Comunidade Autónoma.
    • Premio ao mellor traballo dos centros de educación secundaria de Galicia, doutros centros de ensino non universitario e dos que imparten ensinanzas de réxime xeral fóra da Comunidade Autónoma.

    BASES DO CERTAME

    CONVOCATORIA DO CONCURSO PARA ELABORAR A EXPOSICIÓN SOBRE FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN, O AUTOR HOMENAXEADO O DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2022

    A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca un concurso para elaborar unha exposición sobre a obra, época e lingua de Florencio Delgado Gurriarán, o autor homenaxeado en 2022 no Día das Letras Galegas, e/ou sobre a situación sociolingüística da etapa histórica en que este viviu.

    Poderán participar os centros docentes de ensino público non universitario dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

    Concederanse dous premios, un para cada unha das dúas categorías de participación.

    Categoría A: educación infantil e primaria

    Categoría B: educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional e ensinanzas de réxime especial

    O centro que elabore a exposición gañadora de cada categoría recibirá un premio en metálico por un importe de 2 000 €.

    O profesorado que participe de forma activa na elaboración das exposicións gañadoras recibirá unha certificación de primeiro premio de innovación educativa, cunha equivalencia de 20 horas de formación permanente do profesorado (30 para a persoa coordinadora).

    O prazo de presentación dos traballos finalizará o día 25 de xaneiro de 2022.

    Activities: 0
  • OUTROS RECURSOS

    VIAXE AO REINO DA EMOCIÓNS

    A Fundación Meniños desenvolveu durante cinco anos o proxecto de educación emocional "Viaxe ao reino das emocións". Como parte del, elaborou catro xogos para complementar o aprendido.

    AXENDA E CALENDARIO DO CURSO 2021-2022

    Por segundo ano consecutivo, Aulas Galegas comparte con todo o profesorado o seu calendario e a súa axenda escolar para o curso 2021-2022. Tedes á vosa disposición a versión imprimible e a dixital.

    Logo de ver a luz a axenda do profesorado, o grupo de traballo de Aulas Galegas agasállanos, desta volta, cun novo modelo de axenda para o alumnado.

    RECURSOS XERAIS:

    Activities: 0