VENRES DE HISTORIAS
Section outline
-
A POUSADA
Unha historia con truco... para este VENRES DE HISTORIAS, é a que nos traen Claudia e Ángel de 4ºB.
A MANCHAS OU A RAIAS?
Esta semana os rapaces de 4ºB comparten con todos a historia A MANCHAS OU A RAIAS? de Estefanía Palullés.
Un relato moi actual e vixente que nos fai reflexionar onde poñer o noso FOCO.
Vós onde o poñedes, no que vos une ós demáis ou nos que vos separa?
ÉRANSE DÚAS VECES A RATIÑA PRESUMIDA
Este VENRES DE HISTORIAS asomáremonos a unha nova versión do conto da Ratiña Presumida de Charles Perrault da man de Emna e Alejandra de 6º E. Elas achégannos ÉRANSE DÚAS VECES A RATIÑA PRESUMIDA de Pablo Macías Alba, Belén Gaudes Terra, Nacho de Marcos Escriña (ilustrador) e ADAPTA (tradutor).PARABÉNS polo voso traballo e grazas porcompartir HISTORIAS con todos.O LOBO CON BOTAS
Neste VENRES DE HISTORIAS, de novo, as rapazas e rapaces de 4ºD comparten con nós unha interpretación do libro "O lobo con botas" escrito por El Hematocríticio e ilustrado por Alberto Vázquez.
AXENTE RICIÑOS
Neste primeiro VENRES DE HISORIAS do ano, Aloia, Zoe, Claudia, Sofía, Alba, Jara, Clara, Adriana e Obdulia de 4ºD; achégannos unha representación fantástica de "Axente Riciños" libro escrito por Hematocrítico e ilustrado por Alberto Vázquez.
O GALO TRAGANOCES
Grazas á rapazada de 1ºB podedes escoitar e ver unha adaptación con pictogramas do conto "O galo traganoces" de Roberto Mezquita e Bernardo Carvalho. De seguro que vos vai encantar.
O OSO E O PIANO
Continúan os VENRES DE HISORIAS cunha fermosa historia de amizade titulada O OSO E O PIANO de David Litchfield. Caluda e Moisés de 4ºB así o comparten con todos nós.
TÍO LOBO
Están de volta os VENRES DE HISTORIAS!!
Por riba de virus, grupos burbulla, normas, distancias e protocolos están as gañas de estar xuntos e compartir contos e historias.
Comezamos coa adaptación que XOSÉ BALLETEROS fixo do conto italiano TIO LOBO, que está publicado pola editorial KALANDRAKA e que podedes atopar na biblioteca.
ADRIANA E LOLA de 6ºB fan, para todos nós, unha fantástica e nova interpretación.
Grazas polo voso traballo!!!