PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO: "A TERRA"
Section outline
-
MEMORIA EDUCACIÓN MUSICAL
A música e o arte impregnou todo o colexio e dende infantil a primaria, todos acabamos bailando "TERRA"... pero, non só bailáchedes, tamén coitáchedes á natureza e fixéchede bonitos murais. Mirade que artistas!
MEMORIA 4º EDUCACIÓN PRIMARIA
Menudas e menudos exploradores están feitos estes nenos e nenas de 4º de primaria. Parece que viaxaron por todo o planeta Terra para atopar os datos que necesitaban para facer a súa investigación. Aquí podedes ver o proceso que seguiron.
MEMORIA EDUCACIÓN INFANTIL
En infantil investigaron e traballaron moitísimo para coñecer mellor o noso planeta. Contaron incluso coa colaboración dunha experta en vulcanóloga... aquí podedes velo.
MEMORIA 6º EDUCACIÓN PRIMARIA
O alumnado de sexto decidiu investigar sobre distintos aspectos do noso planeta e adicaron cada trimestre a distintos ámbitos. Escolleron as seguintes temáticas: A Terra física, A Terra viva e Unha Terra para coidar. Aquí podedes ver un resumo do seu traballo. Noraboa!
MEMORIA 2º EDUCACIÓN PRIMARIA
Os nenos e nenas de segundo quixeron saber que pegadas deixaba a auga na terra e nas súas paisaxes. Atoparon o seu rastro tanto na natureza como na lingua.
MEMORIA 1º EDUCACIÓN PRIMARIA
Aquí podedes ver un pequeno resumo do proxecto realizado entre todas e todos en primeiro.
DEBUXANDO A NATUREZA
Hoxe tivemos un obradoiro de debuxo e aprendemos moito da man do pintor e ilustrador SUSO CUBEIRO, que xa nos visitara en anteriores ocasións.
El fai que debuxar pareza fácil e con poucos trazos é quen de transmitir moitas emocións. O obradoiro "Debuxando a natureza" serviunos tamén para aprender o nome de moitos paxaros que non coñeciamos.
XA TEMOS CASIÑA:
Os nenos e nenas de 1ºA leron na clase o conto "Nada de nada". E agora queren, ao igual que o protagonista do conto, que os paxaros veñan a Betanzos e cantos máis mellor. Por iso, pedíronlles ás familias que nos axudaran a facer casiñas e comedeiros de paxaros. Entre as familias, o papá de Marta, ofreceuse a facernos unhas casetas de paxaros e un comedeiro.
Quedamos tan contentos que pensamos que agora só lles falta un bebedeiro para refrescarse. Esperamos de novo a súa visita.
PRODUTOS DA TERRA
Os rapaces e as rapazas do cole levamos todo o curso traballando na horta: sachando, plantando, regando,... e despois de moito esperar chegou o momento de recolectar. Agora temos chícharos, leitugas, acelgas, tirabeques, patacas, repolos....
Pero o mellor de todo é poder compartir os nosos froitos con outras persoas. Por iso, nenos e nenas fixeron entrega dunha caixa con produtos 100% ecolóxicos e recollidos por eles mesmos, á Cruz Vermella, para o desfrute daquelas persoas que o necesiten. Agardamos que sexan do seu agrado e que poidamos seguir colaborando con eles.
PARQUE EÓLICO DE SOTAVENTO
Alumnado de 6º de primaria achegouse ao parque eólico de Sotavento, no Concello de Xermade, provincia de Lugo, concretameente na Serra da Loba, onde a fundación Sotavento Galicia converteuse, nos últimos anos, nun referente na divulgación e educación enerxética.
Aprendimos sobre o respecto polo medio ambiente, coñecidmos fontes de enerxía renovables, vimos como apostar pola eficiencia enerxética e reflexionamos sobre como optimizar os elementos que a diario conviven con nós.
Todo o necesario para coidar a nosas Terra!
ARTE NA PRAIA
As nenas e nenos de 3º de primaria visitaron, cos seus profes, a Praida da Ponte do Porco. Alí, o betanceiro Francisco Martínez "Pin" ensinoulles como recoller residuos e transformalos en arte. A rapazada estivo a recoller material para, despis na clase, crear as súas obras de arte. Tamén aproveitaron para recoller o lixo que atoparon na praia.
CÓMEME. BÉBEME. ÚSAME
O alumnado de 5ºE están de noraboa. A natureza compensa a súa paciencia e bo facer co enreizamento do romeu e da citronela.
Dende o inicio de curso levan argallando un proxecto sobre diferentes especies vexetais da terra que se dan na nosa zona, investigando e aprendendo sobre as súas características e posibles usos para solucionar problemas cotiás de forma natural.
Unha aventura que comezou coa plantación do romeu como planta insecticida e que neste momento conta con 5 especies (romeu, ruda, melisa, ourego, tomiño e herbaboa) e o estudo dos seus usos e beneficios.
INSTRUMENTOS CON MATERIAL DE REFUGALLO:
Na clase de Música da profe Cris, e inspirados pola Vienna Vegetable Orquestra e a Orquestra ReuSónica, as nenas e nenos de 3º de Educación Primaria fixeron estes instrumentos tan chulos. Botádelle unha ollada!
VISITA AO AQUARIUM DA CORUÑA:
A rapazada de infantil visitou o Aquarium da Coruña. Alí aparenderon un montón de cousas sobre o mundo mariño.
COIDAMOS A TERRA:
Celebramos o día mundial do medio ambiente porque, aló polo ano 1975, organizouse en Belgrado un Seminario no que participaron máis de 70 países. Nesta reunión propuxéronse como meta a de formar á poboación mundial para que se preocupase polo medio ambiente. No noso cole contamos coa inestimable axuda de Mero, que nos ensina a coidar da horta, a reciclar, a facer compostaxe, a coidar do invernadoiro e das plantas ornamentais do patio, das clases e da biblioteca. Mero e, sen dúbida, un gran experto.
E como mostra do ben que coidamos o medio ambiente, aquí temos ao alumnado de 5ºE, que se animou a mandar unha foto na que limpan o patio. Atoparon demasiados residuos, non credes? Temos que estar máis atentos e intentar que as nosas pistas estean sempre limpas. Entre todos e todas, se dúbida, conseguirémolo!
Ademáis, no mes de xaneiro intaláronse nalgúns puntos do patio distintos colectores de lixo. Así podemos reciclar os restos das nosas merendas.
EXPLORANDO OS LÍMITES DA TERRA:
A vida dos exploradores e das exploradoras está chea de emocións, perigos e aventuras. Hai que ser unha persoa decidida e traballadora para descubrir cidades perdidas na xungla, enfrentarse ás xeadas terras da Antártida ou rastrear especies descoñecidas. Descobre a nova aventura na que se sumerxe o alumnado de 4º de Educación Primaria.
COS PÉS NA TERRA:
A pasada semana as nenas e os nenos de primeiro recibiron unha carta onde LEO propúxolles aceptar un reto que aceptaron con moita ilusión. Agora, para cumprir co seu compromiso, teñen que escribir un libro sobre a TERRA, esa cousiña marrón que non paramos de pisar pero que tanto nos dá. Ánimo compañeiros e compañeiras de primero! Vós podedes con todo!
A TERRA FALA: Os volcáns
O alumnado de infantil está a investigar sobre os volcáns e por iso buscaron axuda da man dunha experta, ALICIA FELPETO, VULCANÓLOGA GALEGA, quen lles axudou a entender a actualidade informativa co que está a acontecer no volcán da illa de La Palma, que entrou en erupción.
MENSAXE SORPRESA
Hoxe recibimos unha mensaxe sorprendente. Mira, mira...
A TERRA FALA: Érase unha vez...
... un planeta marabilloso, tan marabilloso que mercamos moitos libros que falan del e que nos axudan a conocelo mellor. Nesta exposición podes ver parte deles.
A ORIXE DO NOSO PLANETA
Se vos apetece investigar sobre a orixe do noso planeta, aquí tedes unha fonte de informarción en forma de documental.
BIBLIOFEIRA: ESPECIAL PDI "A TERRA"
Animados a ler, a indagar e investigar sobre A Terra? Aquí tedes unha escolma de libros que vos axudarán a entender mellor como é a vida no noso planeta. De seguro que vos sorprenderán!
PRESENTACIÓN DO PROXECTO
Comezamos un novo curso e o equipo de biblioteca acaba de prensentarnos o proxecto documental integrado que realizaremos este curso escolar.
