MES DA CIENCIA EN GALEGO
Section outline
-
CIENTÍFICA GALEGA DO ANO: JIMENA FERNÁNDEZ DE LA VEGA
A homenaxeada este ano 2021 no Día da Ciencia en Galicia foi a xinetista JIMENA FERNÁNDEZ DE LA VEGA. Aquí vos deixámos algúns recursos para dala a coñecer nas aulas.
BIBLIOFEIRA DA CIENCIA
Realizamos a Biblofeira celebrando od Mes da Ciencia en galego nas bibliotecas da man de Amparo Alonso Betanzos, profesora, enxeñeira química e investigadora en intelixencia artificial.
A autora salienta que "... a ciencia é o piar do benestar social e económico, o coñecemento xera persoas e sociedades máis libres e críticas e as bibliotecas son, en parte, as gardas dese coñecemento. Que máis necesitamos para gozalas?."Aquí tendes unha excusa perfecta para ir á nosa Biblioteca Vales de Leo e Mariña. Mirade que Biblofeira !!!MULLERES CIENTÍFICAS
Grazas a este padlet deseñados por alumnado de 2º da ESO do IES Antonio Fraguas de Santiago de Compostela poderedes coñecer, a través dunha liña do tempo, a figura e a traxectoria de distintas mulleres científicas.
MULLERES PIONERIAS DA TECNOLOXÍA
Con esta presentación o IES San Clemente de Santiago de Compostela quixo visibilizar estas 18 mulleres pioneiras da tecnoloxía e que, a pesar de seren pouco coñecidas, fixeron importantísimas achegas á innovación tecnolóxica actual.