O alumnado de 5º de Primaria comezou esta semana as súas exposicións para compartir co resto de compañeiros e compañeiras do centro as maquetas que elaboraron nas últimas semanas.
Estes traballos están centrados no estudo da célula, abordando os seus diferentes tipos e as súas partes principais. A través destas presentacións, o alumnado non só amosa os coñecementos adquiridos, senón que tamén desenvolve habilidades de comunicación e expresión oral.
Parabéns a todos e todas polo esforzo e o bo traballo realizado!

