O noso centro tivo o pracer de recibir a visita de Celso Sanmartín, quen nos ofreceu unha marabillosa sesión de contacontos dirixida ao alumnado de terceiro a sexto de Educación Primaria.
Durante a actividade, Celso compartiu diferentes historias da tradición oral que conseguiron captar a atención do alumnado desde o primeiro momento. Co seu xeito tan especial de narrar, foi levando aos nenos e nenas por distintos relatos cheos de humor, sabedoría popular e imaxinación.
O alumnado participou con grande interese, escoitando con atención e desfrutando de cada unha das historias, descubrindo así a riqueza dos contos transmitidos de xeración en xeración.
Foi, sen dúbida, unha experiencia moi enriquecedora que permitiu achegar ao alumnado á tradición oral e ao pracer de escoitar e compartir historias.