O noso cole converteuse nun verdadeiro estudo de RadioBaión, onde se retransmitiu en directo o esperado sorteo para a selección das parellas de padriños/madrinas e afillados/as de lectura.
Esta actividade, que se realiza cada ano, ten como obxectivo fomentar o hábito lector e compartir lecturas entre alumnado de distintos niveis. A emoción e a expectación son máximas, xa que os nenos e nenas agardan con moita ilusión este momento para coñecer quen serán os seus compañeiros ou compañeiras de lectura.
Unha forma divertida e especial de promover o amor polos libros e a convivencia entre todos e todas!