Con motivo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, o alumnado participou en varias actividades orientadas a promover a igualdade e os bos tratos. Elaboraron pulseiras conmemorativas e comezaron a crear un “muro do bo trato” con mensaxes positivas. Ademais, as patrullas lectoras visitaron ás aulas dos máis pequenos para compartir contos a favor dos bos tratos e contra a violencia de xénero. Foi unha xornada chea de reflexión e compromiso.
