O centro organiza esta charla dirixida ás familias do alumnado sobre o uso responsable e seguro das pantallas, móbiles e redes sociais. Durante a sesión, Óscar Paramos, profesional da psicoloxía ofrecerá orientacións e claves prácticas para comprender mellor como inflúen as pantallas no desenvolvemento dos nenos e nenas, así como estratexias para acompañalos nun uso saudable e equilibrado da tecnoloxía no día a día.
O obxectivo desta actividade é apoiar ás familias na educación dixital dos seus fillos e fillas, fomentando hábitos responsables, seguros e adecuados á súa idade.
A formación terá lugar o martes 28 de abril, ás 17:00 h. Na aula Maker do centro.