ELECCIÓN DO XOGUETE
- Duración:
- 1 hora
- Agrupamento:
- Grupo
Chegou o momento de decidir que xoguete eléctrico ides construir!!!
Tes que poñerte de acordo cos compañeiros do teu grupo!
En Agueiro, no grupo de clase, hai creados foros para que poidas conversar cos outros membros do teu grupo e tomar entre todos unha decisión. Creade no grupo unha páxina e poñedes por título o nome do xoguete elexido. Escribide tamén os vosos nomes. Esta páxina vaise ir completando ao longo das próximas actividades.
