SIMULADOR DE CIRCUITOS
- Duración:
- 1 hora
- Agrupamento:
- Individual
Agora que xa sabes moitas cousas sobre a electricidade e os circuitos, propóñote que probes a facer circuitos virtuais a través desta ferramenta de simulación chamada PHET.
Tes que facer 5 circuitos diferentes. Cada un dos circuitos ten que ter máis de catro elementos, os que ti decidas e na composición que queiras con tal de que pase a electricidade a través deles. Fai unha captura de pantalla de cada circuito que fagas e gárdaa no teu ordenador. Logo compárteas cos teus compañeiros de clase no teu portfolio de Agueiro.