EXPOSICIÓN DOS TRABALLOS
- Duración:
- 2 horas
- Agrupamento:
- Grupo
Como remate a este proxecto organizaremos unha exposición con todos os traballos. Farémolo de dous xeitos:
1.- On-line, na web do centro publicaremos unha galeria de imaxes coas fotografías dos proxectos e vídeos explicativos.
2.- Na biblioteca do centro. expondremos todos os traballos e organizaremos visitas para que poidades ensinar os vosos xoguetes aos outros compañeiros, explicarlles como o fixéchedes e contestar as súas preguntas. En cada visita haberá un membro de cada equipo que se irá rotando nas visitas posteriores.
Esta actividade ten carácter voluntario. Para publicitar esta exposición na comunidade, imos elaborar carteis publicitarios. Podedes realizalo coa técnica e material que consideredes. Podes empregar a ferramenta CANVA pero terás que pedirlle ao teus pais que se rexistren antes nesta plataforma.

Nel deberá aparecer os seguintes elementos:
- Título da exposición
- Lugar
- Horario de visitas